Novas

Mércores,19 de xullo de 2017

Os populares lamentan que o Goberno local non pedira que os novos informes feitos polas universidades de Santiago e Vigoprofundizaran nos incumprimentos e nas obrigas que a empresa ten pendentes, tal e como fixa o seu contrato

O PP de Monforte proponlle ao alcalde que se quere compensar o que Aqualia lle debe ao Concello sexa coas melloras pendentes

Julia Rodríguez afirma que o rexedor só pretendía montar un teatrilloe ningunear á oposición para que sexa a Xunta de Goberno quen tome as decisións, pese a que o contrato é unha competencia do Pleno

O Grupo Municipal do PP de Monforte proponlle ao alcalde que se decide compensar o que Aqualia lle debe ao Concello sexa coas melloras pendentes de acometer por parte da concesionaria.

Os populares explican que existe unha cantidade cuantificada de 1,7 millóns de euros que lle adebeda o Concello a Aqualia en concepto de IPC por non ter subido a taxa. Do lado da empresa existe unha débeda incuestionable fixada en 2,4 millóns de euros polas melloras que ten pendentes Aqualia, derivadas de non ter executado a fonte cibernética, o parque acuático, a aula da natureza ou o miradoiro.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, lamenta que o Goberno local teña pedido a colaboración das universidades sen solicitar os correspondentes informes xurídicos e análises que tiveran en conta o contrato, as obras e os investimentos pendentes por parte da concesionaria.

Así, danse por válidos 700.000 euros en obras que sería preciso valorar previamente se eran obrigas da concesionaria, un traballo que segue pendente, posto que non se aclara nos informes que se veñen de dar a coñecer por parte do Goberno local. Tanto é así que parece que o Concello pretende co informe da Universidade de Santiago xustificar que o proceso de compensación se faga á marxe do Pleno e non para analizar as contías que se poden reclamar, o que é unha competencia de toda a Corporación.

Desde o PP pedirán que, nas novas conversas que o Concello manteña coa empresa, seo Goberno localpretende facer compensacións que as faga coas contías das melloras que a empresa ten pendentes e o IPC e deixe as obras sobre as que existen dúbidas para un terceiro expediente.

“Atopámonos cunha serie de informes que son máis do mesmo, posto que a análise parte da documentación que anteriormente o Goberno local ten elevado ao Pleno sen facer un estudo en profundidade e que computa obras que o propio alcalde dixo que non eran investimentos”, resume a popular. JuliaRodríguez sospeita que o rexedor pretendeningunear ao Pleno xustificando que a compensación se faga polo alcalde e a Xunta de Goberno deixando á Corporación á marxe. O que pretendeu parece que foi xustificar que a análise do que a empresa debe a faga a Xunta de Goberno cando o competente para analizar o contrato é o Pleno.

Rodríguez sostén que o seu Grupo non vai permitir que se volva propor unha compensación que prexudique ao Concello, algo que se faría ao asumir que eses 700.000 euros son inversións sen cuestionarse que sexan obras que estaban no marco do contrato asinado coa concesionaria do servizo.

“Ademais de dalo por bo senta un precedente para futuras actuacións”, advirte a popular. Rodríguez afirma que o alcalde só buscaba un teatrillo para que pareza que ten a razón cando o que ten que facer é asegurarse de que a empresa cumpre cos compromisos que ten establecidos no seu contrato se o que pretende é desbloquear a situación.

O Grupo Municipal do PP censura ademais que non se fixera á oposición partícipe da elaboración dos estudos para poder trasladar preguntas de importancia respecto do cumprimento do contrato que habería que resolver antes de propor compensación algunha e que non deberan quedar pendentes.

Novas

Redes Sociais