Novas

Sábado, 11 de novembro de 2017

A voceira do Grupo Municipal do PP, Julia Rodríguez, precisa que o BOE recolle hoxe o anuncio de licitación da Dirección General de Carreteras para a redacción dos proxectos de trazado e construción da Autovía A-76 Ponferrada-Ourense, en concreto, do enlace de Monforte Este-Babela

O Partido Popular amosa a súa satisfacción pola licitación do proxecto da variante de Monforte da A-76

A popular considera que se está ante unha actuación moi necesaria para a comarca, que permitirá a comunicación dende Galicia a Castela León, desconxestionando o tráfico nun dos treitos con máis circulación ao ser onde conectan a A-76 coa A-72 (Monforte Lemos- Chantada)

O Partido Popular de Monforte amosa a súa satisfacción pola licitación do proxecto da variante de Monforte da A-76, que unirá Ponferrada con Ourense a través das comarcas de Valdeorras e de Lemos.

A voceira do Partido Popular de Monforte, Julia Rodríguez, puxo en valor este paso dado no impulso da A-76, o que considerou un compromiso “moi importante” que está a converter nun feito o Goberno do PP e que é “de gran importancia para a mellora das comunicacións e para a vertebración da Galicia interior”.

Julia Rodríguez fai estas declaracións tras que hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE) publique o anuncio de licitación da Dirección General de Carreteras para a redacción dos proxectos de trazado e construción da Autovía A-76 Ponferrada-Ourense, en concreto, do treito correspondente ao enlace de Monforte Este-Babela.

Para a voceira dos populares, a autovía A-76 é unha actuación moi necesaria tamén desde o punto de vista socioeconómico e constituirá un acceso de gran capacidade desde Galicia xa que a N-120 está superada, “mellorando as distancias do recorrido, como os tempos de desprazamento e as condicións de comodidade e seguridade para os usuarios da vía”.

Así, o Goberno do Estado ratifica de novo o seu compromiso con esta infraestrutura e continúa impulsando as actuacións necesarias que farán realidade esta autovía entre Ourense e Ponferrada. Ademais, dun xeito máis preciso, para a popular a licitación da variante de Monforte “trátase dun compromiso moi importante, xa que é un dos treitos con máis tráfico porque é onde se conectan a A-76 coa A-72 (Monforte de Lemos-Chantada)”.

Anuncio no BOE

No BOE recóllese que o prazo de execución/ entrega do referido contrato será de 18 meses. O procedemento é aberto e os criterios de adxudicación a oferta económica e os establecidos no PCAP; mentres que o presuposto base de licitación é dun importe total de 1.036.728 euros. A data límite de presentación de ofertas remata o 13 de decembro de 2017 e a apertura das ofertas prevese para o 14 de febreiro de 2018.

Novas

Redes Sociais