Novas

Luns, 18 de decembro de 2017

Os populares explican que as contas para 2018 demostran que Monforte está a ser gobernado por “un alcalde sen ideas, máis interesado en captar votos con subvencións e obras en rúas que en buscar iniciativas estimulantes para a cidade”

O PP de Monforte non apoia un presupostos nos que non ve “nin unha idea nova que inspire un cambio de modelo que permita un estímulo para a economía e o traballo na cidade”

Julia Rodríguez critica, entre outros, que nas contas propostas polo alcalde “non atopemos proxectos para a muralla, para o Camiño de Inverno, para a praia fluvial ou para o saneamento de Calvos, ademais de que son un castigo para o rural”

De igual xeito, os populares critican que se recollan partidas mínimas para comercio, turismo, cultura e promoción do emprego, así como unha redución para urbanismo e “nada para xuventude”, o que implica que “son uns orzamentos para seguir igual”

Os ingresos increméntanse pola vía dos impostos e das taxas, a través da contratación dunha nova operación de crédito e grazas a un maior esforzo inversor da Xunta de Galicia

O incremento social motívase no “maior esforzo que fai a Xunta ao recoñecer máis horas e maior aportación”

O Grupo Municipal do PP non apoia os presupostos que presentou hoxe en Pleno o socialista José Tomé por considerar que “non hai nada novo nestas contas para 2018, é dicir, ningunha idea nova que inspire un cambio de modelo que permita un estímulo para a economía e o traballo na cidade”.

Julia Rodríguez puxo de manifesto hoxe no transcurso da sesión plenaria que os orzamentos que “se traen hoxe a debate, demostran que Monforte está a ser gobernado por un alcalde sen ideas, máis interesado en captar votos con subvencións ou obras en rúas que en buscar iniciativas estimulantes para a cidade”. Polo tanto, “se fronte aos mesmos problemas, facemos as mesmas cousas, que se demostraron ineficaces, seguiremos igual”, lamentou a popular, quen precisou que “esa é a historia deste orzamento do señor Tomé e dos anteriores, a de un alcalde sen ideas e sen un modelo de cidade que nos permita avanzar no futuro”.

Análise por partidas

Julia Rodríguez reproba que nestas contas non se atopen iniciativas para a muralla, para o Camiño de Inverno, para a praia fluvial ou para o saneamento de Calvos. Segundo os populares, estamos ante unha contas de castigo ao desenvolvemento rural; que inclúen partidas mínimas para comercio, turismo, cultura ou promoción de emprego e “nada para xuventude, ademais de reducir a partida mínima en urbanismo”. É dicir, “un orzamento para seguir igual”.

A popular fixo un especial fincapé na redución de 124.000 euros en gastos no acceso a núcleos de poboación, “o que non significa potenciar o rural”; ademais de que se diminúen as achegas para a pavimentación de vías e en camiños veciñais. Neste senso, Julia Rodríguez defendeu a necesidade de acometer reformars duradeiras e non actuacións temporais.

En canto ao incremento de ingresos que se amosan nos orzamentos, Julia Rodríguez precisa que este procede dunha maior carga fiscal a través de impostos directos, taxas e prezos públicos; así como por unhas maiores achegas da Xunta e a contratación dunha nova operación crédito.

“Segue a práctica de incrementar ingresos pola vía dos impostos e taxas”, analiza a voceira dos populares. Ademais, recórrese á vía do endebedamento para os investimentos pero “atopámonos ante un orzamento continuísta, ata o punto de que os investimentos resúmense en actuar en rúas ou obras de saneamento que, por exemplo, tería que acometer Aqualia; “contratos que no lugar de regularizarse e racionalizarse mantéñense e increméntanse”.

De igual xeito, os populares tamén fixeron fincapé en que o maior esforzo social ao que fai referencia Tomé motívase “no que fai a Xunta ao recoñecer máis horas e maior aportación”.

Novas

Redes Sociais