Novas

Mércores, 16 de xaneiro de 2018

Os populares consideran que esta medida permitirá que veciños e comerciantes non se vexan tan prexudicados ante o retraso no derrubamento dos inmobles que se viñeron abaixo

O PP de Monforte solicita que se regularice o tráfico en Calvo Sotelo e se permita o acceso ata o cruce da Rúa Pontevedra

Demandan que se desvíe o tráfico de camións por San Pedro para facilitar o tránsito ata a Rúa Pontevedra

Julia Rodríguez sostén que son numerosos os negocios e comercios que se ven prexudicados por esta situación

O Grupo Municipal do PP de Monforte pediralle ao Goberno local que regularice o tráfico na Rúa Leopoldo Calvo Sotelo, cortada á circulación tras o derrubamento de varios inmobles, e se permita o acceso dos vehículos ata o cruce da Rúa Pontevedra. Así, demandan que se desvíe o tráfico de camións por San Pedro para facilitar o tránsito ata a Rúa Pontevedra.

Os populares fan esta petición atendendo ás demandas dos veciños e veciñas e dos propietarios dos negocios e comercios que se están vendo afectados por esta situación desde as pasadas festas de Nadal.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica que “agora que vimos de saber que as obras se poden demorar cremos que o mellor é que o Goberno local faga unha intervención na zona sinalizando debidamente a estrada e permitindo o acceso dos vehículos ata o cruce da Rúa Pontevedra para non causar tantos prexuízos aos residentes e aos comercios tanto desa rúa como das lindeiras”.

O derrubamento das casas afectadas polo desplome é posible que se retrase, tal como sinalan hoxe os medios de comunicación, polo que os populares consideran que o Concello debe actuar “á maior brevidade posible” ofrecendo unha solución alternativa que poida satisfacer e dar resposta as queixas que veciños e comerciantes están a trasladar.

Por iso, os populares pedirán a correcta sinalización da zona e o acceso ata o cruce da Rúa Pontevedra, posible se desvían o tráfico de camións pola Rúa San Pedro.

Novas

Redes Sociais