Novas

Xoves, 25 de xaneiro de 2018

Os populares presentarán un rogo no vindeiro Pleno para que “á maior brevidade posible” o Concello interveña nas vías evitando así os prexuízos que se lle están causando a veciños e condutores

O PP de Monforte pide a intervención do Concello para arranxar os camiños en mal estado da parroquia de Caneda

Desde o PP recordan que se trata dunha demanda que xa se pediu en 2016, pero ano e medio despois o estado destas estradas “segue a ser lamentable”

O Grupo Municipal do PP de Monforte pídelle ao Goberno local que “á maior brevidade posible” arranxe os treitos dos camiños da parroquia de Caneda que precisan dunha intervención urxente atendendo o seu mal estado.

Un ano e media de espera

Os populares lembran que o 30 de maio de 2016 o Grupo Municipal do PP presentou un rogo para o arranxo de diferentes camiños na parroquia de Caneda e “ano e medio máis tarde o estado destas vías segue a ser lamentable”.

En concreto, os populares demandan que no camiño de conexión de CP-3202 coa parroquia de Bascós se arranxe a fochanca no lugar de Fontes. No mesmo camiño, desde o campo da festa ata o empalme co camiño de servizo do regadío do Val de Lemos pasando por Bao, solicitan un reafirmado e rego bicapa. E no camiño desde a estrada de Rozavales ata o campo da festa demandan o reafirmado e rego bicapa no tramo comprendido entre o cruce da pista do pozo e o campo da festa.

Corte en Fortes

Os populares explican que no lugar de Fontes como consecuencia dunha obra particular se fixo un corte no camiño que atravesa toda a parroquia de Caneda e que conecta a CP-3203 coa parroquia de Bascós. Os desperfectos ocasionados polo corte continúan sen arranxar, coa presenza dunha fochanca importante que dificulta o tránsito dos vehículos e mesmo obriga aos coches a tomar outra vía alternativa, con todos os prexuízos que isto supón para veciños e condutores.

Desde o PP recórdanlle ao Goberno local que estes camiños presentan un elevado tránsito de vehículos, como camións de transporte de pensos e recollida de leite a explotacións gandeiras, camións de transporte de madeira, turismos de veciños das parroquias de Rozabales e Vilamarín, que empregan esta vía como atallo para os seus desprazamentos a Monforte e mesmo para acceder á N-120.

Novas

Redes Sociais