Novas

Mércores, 7 de febreiro de 2018

Os populares queren saber se o rexedor participou na xornada organizada recentemente pola Xunta e a Fegamp sobre a centralización das probas selectivas para Policías Locais

O PP pregúntalle ao alcalde se ten previsto acollerse ao mecanismo de cooperación que ofrece a Xunta aos concellos galegos para seleccionar membros da policía local, auxiliares e vixiantes municipais

Julia Rodríguez explica que a Xunta de Galicia ten previsto asumir este ano as oposición para Policía Local dos concellos que así llo demanden

O Grupo Municipal do PP de Monforte interesarase no vindeiro Pleno por saber se o alcalde ten previsto acollerse ao mecanismo de cooperación que ofrece a Xunta aos concellos galegos para seleccionar membros da policía local, auxiliares da policía e vixiantes municipais.

Os populares explican que a Xunta de Galicia ten previsto asumir este ano as oposición para Policía Local dos concellos que así llo demanden.

O vicepresidente da Xunta e o presidente da Fegamp convocaron aos 313 concellos galegos a unha xornada informativa sobre a centralización das probas selectivas para Policías Locais que se celebrou o pasado 9 de xaneiro na Academia Galega de Seguridade Pública.

Púñase así en marcha a cooperación da Administración Xeral autonómica cos concellos galegos para a selección de membros da policía local, vixiantes municipais e auxiliares da policía, recollida no DOG no Decreto 115/2017.

Este proceso facilitará a xestión dos concellos para celebrar as probas e cubrir vacantes e permitirá mellorar a profesionalización da Policía Local. A previsión é que este ano teña lugar o primeiro proceso para o ingreso na categoría de policía local e para a cobertura de prazas de auxiliares e vixiantes.

O alcalde non participou na xornada

Os populares non teñen constancia de que o alcalde participara na reunión convocada pola Xunta e a Fegamp, polo que preguntarán se asistiu e se, tendo pendente de cubrir varias prazas de Policía Local no noso Concello, ten pensado acollerse ao mecanismos de cooperación que ofrece a Xunta para seleccionar estes membros.

Novas

Redes Sociais