Novas

Xoves, 8 de febreiro de 2018

Os populares afirman que debe solicitarse a declaración de novas áreas de rehabilitación, como as xa solicitadas polo PP no ano 2015: Rúa Comercio, Cardenal, Compañía, Carud, Praza Doutor Goyanes, Praza das Clarisas, Santa Clara, Campo de San Antonio ou Abeledos, que foron incluídas

O PP pedirá ao Goberno local que solicite a ampliación da zona ARI para favorecer a outras rúas da cidade, principalmente ao barrio da Estación

Julia Rodríguez sostén que estas axudas, que incorporarían tamén o derribo de vivendas que polo seu estado non admiten rehabilitación, “serían de utilidade tamén para moitos casos en que, polo seu estado ruinoso, non é posible abordar xa a recuperación da vivenda”

A portavoz do Grupo Municipal do PP, Julia Rodríguez, insta ao equipo de Goberno a que presente a solicitude de financiamento e participación no programa de rexeneración e renovación urbana incluíndo a solicitude de declaración de novas áreas de rehabilitación, principalmente o barrio da Estación.

Pídelle que considere tamén, como así conseguiu o PP no ano 2015 a través dunha iniciativa que trasladou ao Pleno, engadir ata núcleos rurales tradicionais que poidan ser de interese.

Os populares trasladarán esta petición ao Goberno local a través dunha moción para que o Concello tramite a ampliación da zona ARI en virtude do convenio subscrito co Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que estas axudas, que incorporarían tamén o derribo de vivendas que polo seu estado non admiten rehabilitación, “serían de utilidade tamén para moitos casos en que, polo seu estado ruinoso, non é posible abordar xa a recuperación da vivenda”. Unhas axudas que se converten en fundamentais tralos derribos acontecidos en diferentes puntos da cidade recentemente.

Así, Julia Rodríguez insiste en que existen na nosa cidade outras zonas susceptibles de ser incorporadas á zona ARI e que polo seu interese desde o punto de vista urbanístico conviría incluír como posibles perceptoras das axudas, en concreto a popular “considera necesario” ampliar esta petición ao barrio da Estación.

O PP conseguiu no ano 2015 a ampliación da zona ARI á totalidade do conxunto histórico, entre outras, a Rúa Comercio, Cardenal, Compañía, Carude, Praza do Dr. Goyanes, Praza das Clarisas, Santa Clara, Campo de San Antonio ou Abeledos.

Novas

Redes Sociais