Novas

Xoves, 22 de febreiro de 2018

O Grupo Municipal Popular xa en decembro de 2015 alertaba da falta de dilixencia do Concello para aceptar a reversión do edificio de Sanidade e facer as xestións necesarias para cederllo á Policía Nacional, liberando ademais o inmoble do servizo que alí se empraza

PP de Monforte pregúntalle ao alcalde a onde e cando ten previsto trasladar as instalacións do Centro de Drogodependencia

Julia Rodríguez lamenta que case tres anos despois da resolución da Xunta que acordaba a reversión do inmoble ao Concello, o Centro de Drogodependencia sigue emprazado no mesmo lugar, circunstancia que impide calquera actuación de cara a trasladar alí la Comisaría

O Grupo Municipal do PP de Monforte inquire ao alcalde sobre onde ten previsto trasladar as instalacións do Centro de Drogodependencia, así como os prazos que o Goberno local manexa para este traslado. Os populares fanse eco das declaracións recentes do rexedor nas que manifestou que vai trasladar o centro a outro emprazamento, sen aclarar cal.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, indica que, dadas especiais características dos servizos que se prestan neste centro, “non cabe trasladalo a calquera sitio”, polo que queren coñecer o plan do rexedor; asunto polo que se interesarán no vindeiro Pleno a través dunha pregunta.

A popular lamenta ademais que, case tres anos despois da resolución da Xunta que acordaba a reversión do inmoble ao Concello, o Centro de Drogodependencia sigue emprazado no centro de sanidade, circunstancia que impide calquera actuación de cara a trasladar alí la Comisaría.

Os populares recordan que en febreiro de 2015 se adoptou un acordo parlamentario no que se instaba á Xunta de Galicia a efectuar as xestións necesarias coas distintas administracións, incluíndo a cesión dun edificio público a fin de mellorar as instalacións da comisaría de policía de Monforte.

O director xeral de Emerxencias manifestou en sede parlamentaria en decembro de 2015 en resposta a unha pregunta formulada no marco da Comisión 1ª, que o edificio de Sanidade situado na Avda. Galicia de Monforte pertence ao propio Concello e que a S.X. de Patrimonio ditou resolución o día nove de abril de 2015 na que autorizaba a reversión ao Concello, ao ter cedido unicamente o uso para fins sanitarios do mesmo.

Cando a Xunta lle remitiu ao Concello a acta para, de ser o caso, aceptara a reversión ou fixera as alegacións convenientes, en maio de 2015, o Goberno local non respondeu. O 23 de novembro de 2015 desde Patrimonio reiteran a notificación concedendo ao Concello un prazo de 15 días para que manifeste a súa postura sobre a proposta de reversión, entendendo que se non manifestaban nada se habilitaría á Consellería para dispor libremente do inmoble.

Así, a Xunta liberou o inmoble dos servizos que prestaba nel trasladándoos a outras dependencias. A día de hoxe o único servizo que permanece alí é o Servizo Municipal de Drogodependencia. Correspóndelle ao Concello dispoñer o seu traslado.

Desde o PP recordan que os técnicos da Área de Arquitectura y Obras de la Subdirección General de Gestión Económica y Técnica de la Dirección General de la Policía, despois de inspeccionar o edificio, informaron favorablemente á viabilidade das instalacións para transformalas na nova sede da comisaría por un custo relativamente pequeno, comparado co proxecto inicial que se contemplara na Rúa Duquesa de Alba.

Polo tanto, a Xunta fixo todo o necesario para a reversión deste inmoble, liberándoo dos seus servizos, os técnicos da Policía Nacional informaron favorablemente respecto á viabilidade do mesmo, e, este Grupo, xa en decembro de 2015, alertaba da falta de dilixencia do Concello para aceptar a reversión e facer as xestións necesarias para cederllo á la Policía Nacional, liberando ademais o inmoble do servizo que alí se empraza.

Novas

Redes Sociais