Novas

Mércores, 14 de marzo de 2018

As deducións aplicaranse no imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), no caso de iniciativas encamiñadas á rehabilitación, mentres que no caso de negocios se farán sobre o imposto do patrimonio

O PP agradece que a Xunta vaia aplicar vantaxes fiscais na área de rehabilitación integral do conxunto histórico de Monforte

Julia Rodríguez destaca que estas medidas axudan a revitalizar e poñer en valor os centros históricos, o que traerá consigo “enormes posibilidades e beneficios para a nosa cidade”

O Grupo Municipal do PP de Monforte valora e agradece que a Xunta vaia aplicar vantaxes fiscais na área de rehabilitación integral do conxunto histórico de Monforte.

Así, os populares fanse eco da publicación no DOG o día 13 de marzo da orde que fixa cales son os centros históricos nos que os investimentos terán as deducións anunciadas do IRPF e Patrimonio, que serán aplicables xa na declaración deste ano.Ver DOG

En concreto, as deducións aplicaranse no imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), no caso de iniciativas encamiñadas á rehabilitación, mentres que no caso de negocios aplicaranse sobre o imposto do patrimonio.

Con estas medidas articuladas polo Goberno galego, preténdese, tal e como destaca a voceira do PP e deputada autonómica, Julia Rodríguez, revitalizar e poñer en valor os centros históricos, o que traerá consigo “enormes posibilidades e beneficios para a nosa cidade”.

Son rebaixas, engade, que teñen como finalidade dinamizar os centros urbanos a través da actividade económica e a rehabilitación.

Novas

Redes Sociais