Novas

Martes, 20 de marzo de 2018

Íñigo de la Serna avanza que en febreiro abriron o sobre económico e que xa só queda a adxudicación, que traerá consigo un investimento de 32 millóns de euros

O PP agradece o anuncio feito hoxe polo ministro de Fomento da próxima adxudicación da A-76 na súa variante de Monforte

Julia Rodríguez agradece o avance desta infraestrutura e o compromiso do Goberno do Estado e da Xunta

O Grupo Municipal do PP de Monforte saúda e agradece as palabras do ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, quen esta mañá confirmou nun acto público en Melide (A Coruña) o avance no proxecto da A-76 na súa variante de Monforte.

En concreto, o ministro explicou na súa intervención -un acto no que estivo acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo- que se vai avanzar no proxecto “sobre el que al presidente le he escuchado hablar en más de una ocasión, que es la variante de Monforte con una inversión de 32 millones de euros en la A-76”.

Íñigo de la Serna engadiu que o seu departamento vén de abrir o sobre económico para a redacción do proxecto a mediados do mes de febreiro, polo que, precisou “estamos ya unicamente pendientes de la adjudicación”.

A voceira do PP e deputada autonómica, Julia Rodríguez, agradece o compromiso do Goberno do Estado e da Xunta con esta infraestrutura e pon en valor que se siga avanzando na súa construción, particularmente no que se refire á variante de Monforte. A popular valora especialmente o interese do presidente con esta infraestrutura, un compromiso “que o propio ministro deixa á vista nas súas palabras”.

Julia Rodríguez considera que a actuación conformará un itinerario de gran capacidade alternativo á estrada N-120, que mellorará de forma notable os tempos de percorrido e as condicións de seguridade dos usuarios, ao tempo que suporá contar cunha infraestrutura moi importante tamén desde o punto de vista socioeconómico.

Redacción do proxecto

En novembro de 2017 o Ministerio de Fomento sacou a concurso a redacción do proxecto de trazado para a circunvalación da futura A-76 ao seu paso por Monforte, que afecta tamén aos municipios limítrofes de Sober e Pantón. A licitación destes traballos contou cun orzamento de 1.036.728 euros. O contrato corresponde ao tramo da futura autovía entre Ponferrada e Ourense identificado como Monforte Este-Babela.

O proxecto corresponde a un tramo de 7,7 quilómetros de lonxitude, que segundo os cálculos do Ministerio precisará dun investimento de 32 millóns de euros cando se executen as obras.

Oir declaración

Novas

Redes Sociais