Novas

Mércores, 11 de abril de 2018

Lamentan que as obras que se acometeron a pasada semana quedaran incompletas, posto que o asfalto non chegou ás entradas dalgunhas casas nin ao final da vía

O PP denuncia a deficiente actuación de asfaltado que o Concello de Monforte levou a cabo nos Palleiros, na parroquia de Marcelle

Julia Rodríguez consideran esta intervención “unha auténtica chapuza”, polo que lle piden ao Goberno local que aclare se da a actuación por rematada ou se a deixaron a medias

O Grupo Municipal do PP de Monforte denuncia a deficiente actuación de asfaltado que o Concello, gobernado polos socialistas, levou a cabo nos Palleiros a pasada semana. Así, tal e como pode verse nas imaxes que se achegan, o Goberno local acometeu unhas obras de asfaltado “incompletas” nas que nin se molestaron en limpar as cunetas nin en chegar co asfalto ata o final da vía.

Os populares consideran esta intervención na parroquia de Marcelle “unha auténtica chapuza”, polo que lle piden ao Concello que aclare se dá a actuación por rematada ou se a deixaron a medias ante a incredulidade dos veciños e veciñas de que vaian deixar así a estrada.

Desde o PP lamentan que a medida estrela do alcalde sexa o asfaltado de camiños e rúas, pero logo a realidade demostra que o estado no que quedan é deplorable, como así aconteceu nos Palleiros. Tanto é así que a actuación non chegou ao final do camiño e, nalgunhas vivendas, tampouco chega o asfalto ata as entradas. De feito, unha das vivendas quedou sen asfalto ningún.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica que “así calquera asfalta metros de camiños cando non se limparon nin se prepararon as cunetas, non chegou o asfalto ás entradas e ata quedou unha casa sen asfalto. O que temos antes nós é unha obra a medias, incompleta e irrespectuosa cos veciños e veciñas que viven en Marcelle”, replican.

Desde o PP aseguran que, de deixar así o camiño, terán que volver intervir en poucos meses.

Novas

Redes Sociais