Novas

Martes, 17 de abril de 2018

Os populares reclámanlle ao Goberno local que arranxe o pavimento, por ser da súa competencia, ao tempo que se interesarán polo estado da estrutura, cuxo mantemento corresponde ao ADIF

O PP acláralle ao alcalde que lle corresponde ao Concello manter e conservar a vía pola que discorre a pasarela que une as Cruces e a Rúa Calvo Sotelo

Julia Rodríguez refírese a unha resposta do Goberno do Estado na que se aclara que corresponde ao Goberno local reparar os danos que presenta o pavimento

O Grupo Municipal do PP de Monforte acláralle ao alcalde que lle corresponde ao Concello manter e conservar a vía pola que discorre a pasarela que une as Cruces e a Rúa Calvo Sotelo. En relación coas queixas dos veciños e veciñas e a resposta do rexedor, que hoxe recollen os medios de comunicación, os populares precisan que o Goberno do Estado explicou este extremo nunha resposta no Congrego dos Deputados, polo que lle pide ao rexedor “que non eluda a súa responsabilidade”.

Así, a unha pregunta formulada polo deputado Fernán Vello en marzo de 2017, o Executivo explicou que “a pasarela interesada une as rúas Calvo Sotelo e As Cruces por enriba do haz de vías e é empregada polos veciños das Cruces. Os defectos que presenta atópanse no pavimento, non atopándose deteriorada a súa estrutura. Non representa, polo tanto, ningún risco á infraestrutura ferroviaria. De acordo coa lexislación vixente, os pasos elevados sobre o ferrocarril son mantidos e restaurados polos titulares dos camiños, rúas ou estradas a que dean lugar ditos pasos. Polo tanto, considérase que o mantemento non corresponde ao ADIF”.

Polo anterior, os populares presentarán un rogo no vindeiro Pleno que celebra a Corporación local considerando que a vía transcorre pola pasarela e une dúas vías municipais, polo que se debe diferenciar entre a estrutura ferroviaria da pasarela, que lle corresponde manter ao ADIF, e a vía que discorre sobre ela, que ten carácter municipal. Tendo en conta o anterior, e a lexislación vixente, correspóndelle manter e conservar ao titular da vía, nestes caso o Concello, dado que se trata dunha vía que une dúas rúas municipais.

Así, demándalle ao alcalde que arranxe o pavimento, por ser de competencia municipal, ao tempo que se volverán interesar polo estado da estrutura por se precisa algunha actuación, cuxo mantemento corresponde ao ADIF. A voceira do PP, Julia Rodríguez, pídelle ao rexedor que asuma o traballo que lle corresponde e “proceda a mellora o seu firme, á maior brevidade para evitar os riscos que pode representar para os seus usuarios”.

Novas

Redes Sociais