Novas

Xoves, 10 de maio de 2018

A intervención neste camiño de servizo redundará nunha mellor accesibilidade, tanto peonil como de vehículos ás propiedades que lindan co camiño, salientando especialmente a mellora que supón para o acceso ao centro de rehabilitación psicosocial e laboral da asociación Albores

O PP de Monforte agradece os traballos que a Xunta está a levar a cabo no camiño de servizo da Ronda María Emilia Casas

Julia Rodríguez recorda que se atende así a petición que a veciñanza e a Asociación Albores teñen trasladado ao Grupo Municipal do PP nas súas visitas recentes á zona

O Grupo Municipal do PP de Monforte agradece os traballos de reparación e mantemento que estes días está a acometer a Xunta no camiño de servizo da Ronda María Emilia Casas. A intervención neste camiño de servizo redundará nunha mellor accesibilidade, tanto peonil como de vehículos ás propiedades que lindan co camiño, salientando especialmente a mellora que supón para o acceso ao centro de rehabilitación psicosocial e laboral da asociación Albores.

Os populares visitaron en varias ocasións a asociación e trasladaron as súas demandas ás distintas administracións, entre elas, a mellora dos accesos que agora se levan a cabo. Julia Rodríguez recorda que se atende así a petición que a veciñanza e a Asociación Albores teñen trasladado ao Grupo Municipal do PP nas súas visitas recentes á zona.

O Goberno galego actúa na Rede Autonómica de Estradas ante o progresivo deterioro por uso, para manter os niveis de calidade nos distintos elementos funcionais das estradas. Así, estanse a acometer obras de mantemento e reparación nun treito do camiño de servizo da marxe dereita da Ronda María Emilia Casas Baamonde, que corresponde á estrada de titularidade autonómica LU-664: Monforte de Lemos (LU-546) – Monforte de Lemos (N-120a) no Concello de Monforte de Lemos.

O treito de actuación, de 570 metros, comprende dende a intersección co camiño da Barxa (punto quilométrico 0,300) ata o camiño dos Codesos (punto quilométrico 0,870), na marxe dereita da estrada.

A actuación a realizar no camiño de servizo consiste na reparación do firme mediante o recheo das fochas producidas pola acción da auga, limpeza de marxes, reperfilado e reposición da xeometría do pavimento e o estendido dun dobre tratamento superficial bituminoso no treito de actuación.

A duración das obras estímase nunha semana, e teñen un custo de 9.185 euros, que se encadran nas actuacións previstas no contrato de conservación da rede viaria autonómica na provincia de Lugo.

Novas

Redes Sociais