Novas

Venres, 11 de maio de 2018

A voceira do PP, Julia Rodríguez, mantivo un encontro de traballo co presidente da CHMS, Francisco Marín, no que lle solicitou o adecentamento do arroio de Zapardiel, Malloadas, Río Seco e Río en Ribasaltas, á altura da área recreativa

O PP demándalle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza de arroios ao seu paso por Monforte

Julia Rodríguez explica que fan esta solicitude a pesar de ser competencia do Concello e á vista de que o Goberno local non se ocupa da súa limpeza

O Grupo Municipal do PP de Monforte vén de demandarlle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza de varios arroios ao seu paso por Monforte. A voceira do PP, Julia Rodríguez, vén de manter un encontro de traballo co presidente da CHMS, Francisco Marín, no que lle solicitou o adecentamento do arroio de Zapardiel, Malloadas, Río Seco e Río en Ribasaltas, á altura da área recreativa.

Julia Rodríguez trasladou a importancia e idoneidade de acometer tarefas de limpeza nestes regatos, despois dun ano moi chuvioso e con varios asolagamentos, o que fai a intervención moi necesaria.

Os populares fan esta solicitude a pesar de ser competencia do Concello e á vista de que o Goberno local non se ocupa da súa limpeza.

O Grupo Municipal del PP segue traballando para que a zona de acondicionamento das concas “sexa o maior posible” e se fagan o maior número de intervencións.

A voceira dos populares agradece a boa disposición que o presidente da Confederación amosa sempre coas reivindicacións que se lle trasladan, polo que agarda que estes traballos poidan ser acometidos o antes posible. Valora tamén as actuacións que a CHMS desenvolve de xeito constante na cidade e lamenta a falta de compromiso do rexedor cos arroios da cidade.

Novas

Redes Sociais