Novas

Venres, 25 de maio de 2018

Os populares fan esta pregunta despois de que o rexedor dixera nun Pleno que xa está decidido o lugar, mentres que desde a institución provincial sosteñen que se barallan varias alternativas

O PP interésase polo lugar no que o alcalde ten previsto instalar a canceira municipal cuxa construción vén de anunciar a Deputación de Lugo

Julia Rodríguez explica que lles chamou a atención a postura que o rexedor mantivo no Pleno, anunciado un emprazamento “que ninguén sabe cal é”

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentará unha pregunta ao vindeiro Pleno na que se van interesar polo lugar no que o alcalde ten previsto instalar a canceira municipal cuxa construción vén de anunciar a Deputación de Lugo.

Así, os medios de comunicación recollen hoxe que a canceira que estaba previsto construír en Sarria finalmente se fará en Monforte. Sinalan desde o organismo provincial que se barallan varias alternativas sobre o emprazamento, pero que non se ten tomado unha decisión.

Sen embargo, explican desde o PP, nun recente pleno da Corporación local no que se debatía sobre a necesidade de instalar unha canceira municipal no Concello de Monforte, o alcalde fixo referencia a que xa tiña previsto o terreo no que a ía instalar.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, indica que as declaracións do alcalde contrastan coas efectuadas hoxe mesmo pola Deputación de Lugo a través dos medios de comunicación, polo que o Grupo Municipal do PP quere saber cal é o terreo no que o alcalde ten previsto construír esa canceira que demandaba a Asociación Amarcan “e que ninguén sabe onde é”.

Novas

Redes Sociais