Novas

Luns, 28 de maio de 2018

Os populares aseguran que falta vontade do alcalde o leva incluso a non sancionar á empresa, cando está previsto no contrato, polo que pretende modificalo ao seu gusto e conveniencia

O PP de Monforte considera “unha barbaridade” a proposta do alcalde de modificar o contrato de Aqualia e insiste en que “non ten vontade de reclamarlle á empresa o que adebeda”

Julia Rodríguez pedirá na sesión desta tarde que se cumpra o contrato nos seus propios termos

O Grupo Municipal do PP de Monforte considera “unha auténtica barbaridade” a proposta do alcalde de modificar o contrato de Aqualia que esta tarde o socialista leva ao Pleno e insiste en que o rexedor “non ten vontade real de reclamarlle á empresa o que adebeda”.

Desde o PP pídenlle ao rexedor que explique por qué non quere sancionar a Aqualia. Así, o alcalde para non sancionala polos cortes de auga de novembro argumenta que o artigo 47 non contempla sanción para este proposto e pretende modificalo no Pleno de hoxe.

Para os populares a proposta do alcalde de modificar o prego de condicións é algo ilegal “que non se pode facer en ningún caso”. A voceira do PP, Julia Rodríguez, explica que “podería propoñer unha interpretación dun prego, pero nunca unha modificación”.

A maiores, a popular precisa que tampouco é certo que ese suposto non teña reflectida sanción ou consecuencia algunha, senón que o que ocorre é que a consecuencia é a resolución ou secuestra da concesión, algo que o rexedor parece non querer facer (achégase contrato).

Os populares aseguran que falta vontade do alcalde o leva incluso a non sancionar á empresa, cando está previsto no contrato, polo que pretende modificalo ao seu gusto e conveniencia. O PP advirte ademais desta proposta que pode beneficiar á concesionaria que pode impugnar os incumprimentos nos que pode incorrer.

O que todo iso revela, indica, é a falta de vontade do alcalde de ir contra a empresa para reclamarlle o que esta adebeda. O mesmo que deixa en evidencia o baile de cifras que ten proposto o equipo de Goberno nos acordos que ten proposto coa concesionaria.

Que se cumpra o contrato

O Grupo Municipal Popular presenta unha iniciativa ao Pleno de hoxe na que pedirá que se cumpra o contrato nos seus propios termos. Tamén demandan que se incoen os expedientes sancionadores que procedan, á vista da actitude incumpridora da concesionaria respecto das obrigas recollidas no contrato que a vincula.

Por último, reclamarán que se determinen os efectos económicos de todos os incumprimentos da concesionaria, independentemente das melloras non executadas, así como a formular reclamación dos mesmos.

Novas

Redes Sociais