Novas

14, agosto, 2018

A voceira popular, Julia Rodríguez, fixo traslado desta necesidade ao Executivo autonómico despois de presentar un rogo en Pleno para que o Concello realizara as xestións oportunas e o alcalde se desentendera

O PP de Monforte consegue o compromiso da Xunta para a mellora da seguridade na ponte sobre o regato Zapardiel

-O Partido Popular local “cumpriu”, pero pregúntase se o Concello fará o mesmo coas xestións necesarias para cambiar de lugar un poste eléctrico situado no medio dunha beirarrúa e que incumpre a normativa en materia de accesibilidade

O Grupo Municipal Popular de Monforte conseguiu o compromiso da Xunta de Galicia para o arranxo dos elementos de seguridade da ponte sobre o regato Zapardiel, na rúa Valle Inclán, tras negarse o Concello a realizar as xestións pertinentes.

A voceira popular, Julia Rodríguez, explica que “os espazos abertos sobre a ponte supoñen un risco, sobre todo, para os máis pequenos que se poden introducir polos mesmos e caer ao regato dende unha considerable altura”.

Tralas xestións realizadas, Julia Rodríguez asegura que “os populares damos a cara ante as necesidades dos veciños e veciñas”, mentres que o rexedor local se desentende. De feito, os populares levaran ao Pleno do pasado mes de xullo un rogo no que se pedía este arranxo, pero “o alcalde díxonos que ese tema era competencia da Xunta”.

Nese senso, os populares cumpriron facendo traslado desta necesidade ao departamento correspondente do Goberno autonómico. Pero, agora, o Grupo Municipal Popular pregúntase “se dende o equipo de Goberno local farán o mesmo coas xestións oportunas para o cambio de emprazamento dun poste condutor de electricidade”.

A situación dun poste incumpre a normativa en materia de accesibilidade

Rodríguez indica que “nas inmediacións desta ponte hai un poste no medio da beirarrúa impedindo o tránsito de persoas en cadeiras de rodas ou con carriños para nenos e que, polo tanto, incumpre a normativa en materia de accesibilidade”. A este respecto, “o alcalde dixo en Pleno que non lle constaba que houbese ningún poste que obstaculizase o paso”, segundo recorda a voceira popular.

Novas

Redes Sociais