Novas

2, outubro, 2018

Isto implica, segundo destaca a dirixente dos populares monfortinos, que o rexedor “desper-diciou unha nova oportunidade que lles brinda a administración autonómica”; cuestión que evidencia “que o socialista está só ao seu”

Julia Rodríguez alerta de que o alcalde nun-ca solicitou tampouco as axudas da Xunta para mellora de equipamentos e infraestruturas urbanas

-Esta desleixo é para a voceira do grupo municipal un novo exemplo “da incapacidade de xestón do Sr. Tomé; de aí que os populares anuncien que, no vindeiro Pleno, preguntarán ao rexedor por este asunto

-Recentemente, os populares tamén descobriron, grazas á pregunta formulada no Parlamento de Galicia por Rodríguez, que Monforte, dende que é alcalde, nunca se puido acoller ás axudas que arbitra a Xunta para a prevención e violencia de xénero porque non as solicitou

-Segundo indican as bases da orde, a través desta iniciativa son subvencionables a humanización de rúas, espazos públicos, así como obras de equipamentos munici-pais. No caso de Monforte, se o socialista as tivese solicitado, a Xunta sufragaría o 70% do investimento total e o Concello tan só tería que aportar o 30% restante

A voceira do Partido Popular, Julia Rodríguez, alerta de que o alcalde do municipio nunca solicitou as axudas que cada ano convoca a Xunta, destinadas á mellora dos equipamentos e infraestruturas urbanas. Isto implica, segundo destaca a dirixente dos populares monfortinos, que o rexedor “desperdiciou unha nova oportunidade que lles brinda a administración autonómica”; cuestión que evidencia “que o socialista está só ao seu”.

Esta desleixo é para a voceira do grupo municipal un novo exemplo “da incapacidade de xestón do Sr. Tomé”, e anuncia que no, vindeiro Pleno, preguntarán por este asunto ao rexedor. A este repecto, lamentan que “novamente teñamos que saír publicamente para criticar o que se está a converter nunha rutina por parte do noso alcalde: que é a perda de subvencións”. Recentemente, os populares tamén alertaron de que o rexedor nunca solicitou as axudas que arbitra a Xunta para a prevención e a violencia de xénero, tal e como quedou de manifesto na resposta dada pola secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, á pregunta formulada pola voceira de deputada autonómica, Julia Rodríguez.

Contido das axudas

O Diario Oficial de Galicia publicou en maio a orde destas subvencións, dotada cun orza-mento de 4,3 millóns de euros. En base a esta orde, en réxime de concorrencia non compe-titiva, son subvencionables aquelas actuacións que busquen mellorar ou crear infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, como a humanización de rúas, de espazos públicos, así como obras de equipamentos públicos.

Cada Concello pode solicitar unha axuda para un proxecto que se englobe no marco de ac-tuacións subvencionables, que non pode superar os 500.000 euros, e nunca se poderá acoller a esta orde de incentivos a adquisición de terreos, os proxectos de redes de luz pública que consistan unicamente na substitución de lámpadas ou luminarias; así como equipamentos para o tratamento e xestión de residuos sólidos urbanos, que non se integren nun proxecto de mellora integral dos equipamentos urbanos.

Asemade, a orde establece unha porcentaxe do investimento en función da poboación de cada entidade local. Así, para os Concellos cunha inferior ou igual a 5.000 habitantes o 100% do investimento; os municipios con mais de 5.000 e ata 20.000 habitantes o 80% do investimento; os de máis de 20.000 ata 50.000 habitantes o 70% do investimento e os de mais de 50.000 habitantes o 50% do investimento.

A Consellería de Medio Ambiente promove esta liña de axudas para colaborar no desenvol-vemento de actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación.

Os obxectivos son promover o desenvolvemento das vilas e dos núcleos, con criterios de sustentabilidade económica, ambiental e social; mellorar os equipamentos e as dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos, para ofrecer unha oferta de cali-dade e adecuada ás necesidades da poboación, co fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos da nosa comunidade autónoma; e fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico das vilas.

Novas

Redes Sociais