Novas

Mércores, 13 de novembro de 2013

A deputada popular e portavoz en Monforte considera que se trata dunha demanda de país que debería recibir o respaldo unánime de todos os grupos da Cámara

Julia Rodríguez rexeita "a falta de compromiso" de AGE "tras ser incapaces de apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade"

O Grupo Parlamentario capitaneado por Beiras foi o único que se abstivo na votación

A deputada do PP e portavoz de Monforte Julia Rodríguez rexeita a "falta de compromiso" de Alternativa Galega de Esquerda "tras ser incapaces de apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial". Rodríguez considera que se trata dunha "demanda de país" que debería recibir o respaldo unánime de todos os grupos da Cámara.

A popular invita aos membros de AGE na Ribeira Sacra a aclarar "por qué decidiron darlle as costas a un territorio e á súa historia" en lugar de contribuír á súa preservación para as xeracións presentes e as futuras. Julia Rodríguez explica a importancia de que a candidatura sexa apoiada por todas as administracións públicas, así como que consiga o impulso social que lle permita competir co resto de propostas.

A proposición non de lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular conseguiu o voto de todos os grupos da Cámara, con excepción de AGE que decidiu absterse. Julia Rodríguez invita aos representantes de AGE na comarca a que expliquen o seu rexeitamento a unha iniciativa que pretende o despegue económico e social da Ribeira Sacra e un proxecto "de todos" no que non deberían existir fisuras. A popular critica ademais que desde AGE se dedicasen na súa intervención a describir deficiencias da zona en lugar de valorar o seu enorme potencial.

Novas

Redes Sociais