Novas

Santiago, 13 de novembro de 2013

A deputada do Grupo Popular sinala que a administración autonómica sufraga o cen por cen dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas

Julia Rodríguez subliña que a Xunta colabora con todos os concellos da Comarca de Lemos investindo máis de 149.000 euros na contratación de 24 desempregados a través do Plan de Cooperación

Destaca que a diferenza do que acontece con outros plans de emprego, como o promovido pola Deputación provincial de Lugo, ningún concello da comarca queda excluído destas axudas e todos os desempregados poden ser potenciais beneficiarios dos plans de cooperación do Goberno galego, con independencia do seu lugar de residencia e garantindo a igualdade de oportunidades

Destaca que a diferenza do que acontece con outros plans de emprego, como o promovido pola Deputación provincial de Lugo, ningún concello da comarca queda excluído destas axudas e todos os desempregados poden ser potenciais beneficiarios dos plans de cooperación do Goberno galego, con independencia do seu lugar de residencia e garantindo a igualdade de oportunidades

Con estas axudas o Goberno galego asume o cen por cen dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas e son os concellos os que autonomamente propoñen e realizan os contratos. Os traballadores desenvolven en cada un destes municipios distintos servizos de interese público que os concellos non poderán asumir con recursos propios.

Ningún concello excluído

Rodríguez salienta que, a diferenza dos programas postos en marcha por outras administracións, -entre eles a Deputación de Lugo- ningún concello queda excluído destas axudas e, polo tanto, todas as persoas que estean inscritas no paro nos seis concellos da comarca de Lemos (Bóveda, Monforte, Saviñao, Pantón, Pobra de Brollón e Sober) poden ser potencias beneficiarios dos plans de cooperación da Xunta.

Igualdade de oportunidades

A parlamentaria pon en valor este feito destacando que a Xunta non establece diferenzas entre parados segundo o concello no que residen, xa que participan todos os municipios, á vez que garante a igualdade de oportunidades entre as persoas que se atopan sen emprego, que poderían ser contratadas a través deste plan.

Algunhas das contratacións que se subvencionan están destinadas á incorporación laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, que teñen prioridade absoluta para acceder aos postos de traballo xerados mediante os Programas de Cooperación.

Reforzo ás brigadas municipais

A Xunta tamén traballa no reforzo das axudas para as brigadas municipais das que dependen moitos concellos de cara a engrosar os equipos dedicados ao acondicionamento ou mellora de espazos e bens públicos, que atenden a tarefas que van dende a limpeza de edificios e rúas ata o coidado de áreas fluviais e recreativas ou o desbroce de pistas e camiños. Tamén destinan un bo número destes contratos a atender servizos relacionados co socorrismo, ocio, a cultura ou o turismo. osición non de lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular conseguiu o voto de todos os grupos da Cámara, con excepción de AGE que decidiu absterse. Julia Rodríguez invita aos representantes de AGE na comarca a que expliquen o seu rexeitamento a unha iniciativa que pretende o despegue económico e social da Ribeira Sacra e un proxecto "de todos" no que non deberían existir fisuras. A popular critica ademais que desde AGE se dedicasen na súa intervención a describir deficiencias da zona en lugar de valorar o seu enorme potencial.

Novas

Redes Sociais