Novas

Martes, 4 de xuño de 2013.-

O Grupo Municipal Popular propón que se acorde a creación e composición dunha comisión informativa especial encargada de redactar o regulamento

O PP pedirá no Pleno que o Concello se dote dun novo Regulamento Orgánico Municipal

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que piden que se acorde a creación e composición dunha comisión informativa especial, coa mesma proporcionalidade que as ordinarias, a afectos de redactar un novo Regulamento Orgánico Municipal adecuado á actual lexislación local.

A moción dos populares explica que o Concello de Monforte conta cun Regulamento de Réxime Interno elaborado fai moitos anos e "moi reducido en canto a contido".

A portavoz do Grupo Municipal Popular, Julia Rodríguez, considera que a duración e determinadas circunstancias relacionadas co desenvolvemento das sesións plenarias, ademais doutras consideracións que poden ser obxecto de regulación por medio dun Regulamento de Réxime Interno, "fan conveniente e necesario contar cunha ferramenta normativa destas características e debidamente actualizada".

Para rematar, os populares expoñen que a elaboración dunha disposición de carácter xeral, como o Regulamento, atópase dentro do marco do poder normativo que corresponde ás entidades locais no ámbito da súa potestade organizativa.

Novas

Redes Sociais