Novas

Sábado, 16 de noviembre de 2013

O Grupo Municipal Popular considera que é necesario actuar de xeito urxente para evitar os problemas producidos por unhas conducións obsoletas que xa denunciaron os veciños en reiteradas ocasións

El PP solicita informes al Ayuntamiento y a la Xunta de cara a conocer el estado real de la red de saneamiento de Monforte

Os populares interésanse polas filtracións de augas fecais procedentes da rede de saneamento sobre as que existen queixas dos cidadáns, así como pola deficiencia nos sumidoiros

O Grupo Municipal do PP de Monforte solicitou información ao Goberno local e á Xunta de Galicia para coñecer o estado real da rede de saneamento de Monforte como paso previo para poder levar a cabo intervencións que poñan fin aos problemas que de xeito continuado se suceden na cidade.

En concreto, o Grupo Municipal do PP solicita información ao Concello en relación co escrito presentado polos veciños da Rúa Rof Codina no que advirten dunha filtración de augas fecais procedentes da rede de saneamento. Tamén se interesan os populares por outro escrito dos veciños da Rúa Reboredo relativo ás deficiencias nos sumidoiros.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que, na súa condición de parlamentaria, solicitou tamén un estudo á Xunta sobre a rede de saneamento ante a evidencia de "que nos atopamos ante un sistema de saneamento obsoleto, que non foi renovado nos últimos anos, e que evolucionou dunha forma desordenada con importantes problemas de vertidos e infiltracións. O PP denuncia ademais que a cidade conta cun sistema de decantación insuficiente e un funcionamento moi deficiente.

O Grupo Municipal Popular considera urxente que o Goberno local articule medidas e investimentos encamiñados á redución dos custos de explotación da potabilizadora que, de non corrixirse o estado da rede, serán elevadísimas para os monfortinos. Julia Rodríguez recorda que cando a infraestrutura comece a funcionar o seu rendemento será do 30% debido ao mal estado da rede e á gran cantidade de auga que se perde.

"De pouco serve que a Xunta e o Estado asuman unha actuación tan custosa na potabilizadora senón vai acompañada de medidas na rede de subministro que rematen coas grandes perdas que ten na actualidade. E esa actuación correspóndelle ao Concello", conclúe Rodríguez.

Novas

Redes Sociais