Novas

Venres, 22 de novembro de 2013

A resolución sae publicada hoxe venres, 22 de novembro, no Diario Oficial de Galicia

O GMPP agradece o compromiso da Xunta con Monforte tras formalizar o contrato de conexión do Porto Seco coas estradas LU-933 e CN-120

Julia Rodríguez sostén que se segue "traballando sen descanso" para que a plataforma loxística albergue empresas "canto antes"

O Grupo Municipal do PP agradece o compromiso da Xunta coa cidade do Cabe tras coñecer a resolución que fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de conexión do porto seco de Monforte coas estradas LU-933 e CN-120, treito porto seco LU-933, tal e como hoxe recolle o Diario Oficial de Galicia.

O DOG recolle o 1 do 10 como data de adxudicación e o 28 do mesmo mes como data de formalización do contrato. O adxudicatario da obra é a UTE formada por Vila Río Miño-Antalsis e o importe de adxudicación é de 5.342.968,75 euros con IVA.

A portavoz do PP en Monforte, Julia Rodríguez, sostén que a administración autonómica "segue traballando sen descanso" para que a plataforma loxística albergue empresas "canto antes". A formalización do contrato realízase despois de que o estudo de impacto ambiental e o estudo informativo estiveran expostos ao público durante 30 días hábiles na Axencia Galega de Infraestruturas.

A portavoz do PP insiste en que a promoción e desenvolvemento desta infraestrutura "necesita unha estratexia dirixida desde organismos especializados, coñecedores dos mercados, do sector da loxística e da mobilidade de mercancías". Rodríguez considera que a Xunta dispón destes organismos especializados en chan empresarial que realizan o seu traballo de xeito eficaz, tal e como acreditan os preto de cen parques empresariais creados e comercializados directamente polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e a empresa pública Xestur.

Páxina do DOG

Novas

Redes Sociais