Novas

Venres, 29 de novembro de 2013

O alcalde e o portavoz do PSOE pretendían que non se votase a proposta do PP e só se tivese en conta a emenda dos socialistas, que nada tiña que ver co obxecto do debate

O PP censura que o "bipartito na sombra" de Monforte intentara boicotear a moción sobre o plan de emprego discriminatorio da Deputación

Julia Rodríguez denuncia "o intento torticero" dos dous grupos políticos para non criticar unhas bases que son "de xeito evidente" excluíntes para a maioría dos desempregados da provincia

O Grupo Municipal do PP censura que "o bipartito na sombra" de Monforte intentara boicotear a moción presentada polos populares na que pedían corrixir o plan de emprego discriminatorio aprobado pola Deputación provincial. Os populares explican que o alcalde e o portavoz do PSOE pretendían que non se votase a proposta do PP que motivou o pleno extraordinario e só se tivese en conta a emenda de substitución dos socialistas, que nada tiña que ver co obxecto do debate.

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, denuncia o "intento torticero" dos dous grupos políticos, BNG e PSOE, para non criticar as bases dun plan de emprego da Deputación de Lugo que son "de xeito evidente" excluíntes para a maioría dos desempregados da provincia. Rodríguez recordou na súa intervención que tan só o 9,85% dos parados lucenses poden participar no proceso, de maneira que dun total de 25.938 desempregados, quedan fóra da selección 23.384.

Modificar as regras de xogo

As críticas dos populares motivaron que finalmente se votase a emenda presentada polo PSOE e tamén a moción. "O contrario suporía modificar as regras de xogo e non o imos permitir", reprocha a portavoz, quen non comprende que nacionalistas e socialistas amparen un plan de emprego "sectario con Monforte" e coa maioría de Concellos da provincia.

O Grupo Municipal do PP puxo o acento no caso concreto de Monforte, excluído da actuación provincial por ser un Concello de máis de 5.000 habitantes, o que demostra que as bases do plan responden a "criterios sesgados e que non optimizan os fondos públicos".

Só inclúe a 5 desempregados de Lemos

De feito, da revisión do plan de emprego da Deputación provincial despréndese tamén que dun total de 2.455 parados da Comarca de Lemos, tan só 5 poderán ser contratados pola institución. Dos seis concellos que integran a Comarca de Lemos, cinco quédanse fóra: Monforte, Bóveda, Pantón, Ou Saviñao e Sober, mentres que o que se beneficia do programa, A Pobra de Brollón, está

Novas

Redes Sociais