Novas

Xoves, 6 de xuño de 2013

O Grupo Municipal Popular agradece o proxecto ao que hoxe deu luz verde o Consello da Xunta

Julia Rodríguez subliña que o investimento destinado para a conexión do porto seco "reafirma o compromiso do presidente da Xunta con Monforte"

A portavoz do PP asegura que o alcalde terá que explicar por que cuestiona a diario a actuación do Goberno galego e o central "cando son os que máis investimento realizan na cidade"

Xoves, 6 de xuño de 2013.- A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, subliña que o investimento de máis de seis millóns de euros para a conexión do Porto Seco coa estrada LU-933 "reafirma o compromiso do presidente da Xunta con Monforte". O Grupo Municipal do PP agradece o proxecto ao que hoxe deu luz verde o Consello da Xunta e precisa que "tivo que ser un Goberno do PP o que deu o impulso definitivo a unha obra de vital importancia para a cidade".

Neste sentido, a portavoz do PP asegura que o alcalde de Monforte terá que explicar o motivo polo cal cuestiona "de xeito sistemático" a actuación do Goberno galego e o estatal "cando sabe que son os que máis investimento realizan na cidade". "O mesmo presidente ao que permite que ridiculicen e insulten nas pancartas de Cardeal é o que acaba de destinar seis millóns de euros para a súa cidade", replica a popular.

Reunión de alcaldes

Julia Rodríguez confía que na reunión de alcaldes que programa o nacionalista sexa capaz de recoñecer "o gran esforzo" que os Gobernos central e autonómico están facendo "polo presente e o futuro de Monforte". "Tivo que ser un Goberno do PP o que apostou de xeito firme por unha obra que na época do bipartito non pasou do papel", precisa Julia Rodríguez.

Novas

Redes Sociais