Novas

Xoves, 5 de decembro de 2013

O Grupo Municipal Popular rebela que o Concello está abonando facturas atrasadas da luz que dificultan que se cumpra o acordado no plan de axuste

O PP traslada a súa preocupación pola falta de medidas adoptadas polo Goberno local para solucionar a ausencia de alumado público

Julia Rodríguez insiste na importancia de que o Concello financie parte dos arcos de Nadal que o CCU pretende instalar para animar o comercio e a actividade económica

O Grupo Municipal do PP de Monforte traslada de novo a súa preocupación tralo Pleno celebrado onte no que o Goberno local evidenciou que non se están adoptando as medidas necesarias para solucionar a ausencia de alumado público en diferentes rúas e barrios da cidade e nas parroquias. De feito, o Concello asumiu que nalgúns casos non sabe da existencia dos apagados nin si estes se producen ou non como consecuencia de avarías na rede.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, desvelou na sesión plenaria de onte que o Goberno local segue pagando facturas da luz atrasadas, dos anos 2010 e 2011, como así recolle intervención en varios dos seus informes nos que pon reparos a estes abonos. Rodríguez destaca que esta circunstancia "é a que dificulta que se cumpra o acordado no plan de axuste en relación co aforro enerxético e non as esixencias fixadas pola oposición como quixo facer ver o Goberno local".

Desde o PP advertiron onte da existencia de zonas nas que non existe iluminación algunha, como a Ponte Vella, no centro da cidade, unha situación que consideran "inadmisible". Os populares acusaron ao Goberno local de non realizar investimentos produtivos na rede de alumado público durante todos estes anos, de aí a existencia de múltiples problemas en todo o territorio urbano e rural.

Luces de Nadal

En relación coa axuda que os comerciantes do CCU solicitaron do Concello para adornar a cidade durante as festas, Julia Rodríguez considera que a negativa do Goberno local a colaborar representa "unha falta de apoio ao comercio", polo que invitou ao alcalde a reconsiderar a súa postura. A portavoz do PP enumerou unha serie de gastos "cuestionables" contraídos polo Concello para actos e celebracións noutras épocas do ano, cuxo importe supera o que o CCU demanda para a colocación dos arcos de luz.

Novas

Redes Sociais