Novas

Sábado, 14 de decembro de 2013

O Grupo Municipal Popular considera que este exemplo de mala xestión interfire no cumprimento do plan de axuste no referido ao aforro enerxético

O PP desvela que o Concello arrastrou ata 2013 unha débeda de facturas de electricidade de anos anteriores por un importe de preto de 100.000 euros

Julia Rodríguez rexeita o xeito de proceder do Goberno local en relación co alumado público "cando tivo que acudir a un recoñecemento extraxudicial de crédito para aboar os atrasos"

O Grupo Municipal do PP de Monforte dá conta dun recoñecemento extraxudicial de crédito levado a cabo polo Concello no que se dispón de preto de 100.000 euros do orzamento de 2013 para facer fronte a tres facturas de electricidade pendentes que se corresponden coas anualidades 2010 e 2011.

En concreto, nos Orzamentos de 2013 figuran tres facturas que non foron aboadas no seu momento e cuxo importe non foi satisfeito polo Goberno local desde fai tres anos. As facturas son tres e teñen data de 2010 e 2011, por importe de 32.436 euros, 2011 por importe de 10.351 euros e 57.135 euros, pendentes desde 2010. En total, o Concello solicitou un recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas de 2013 que supera os 181.000 euros.

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, sostén "a imposibilidade" de levar a cabo o compromiso adquirido no plan de axuste no referente ao aforro enerxético "con este exemplo de mala xestión que nos obriga a pagar co orzamento do ano 2013 facturas pendentes de anos atrás". A portavoz considera que "non só non se están adoptando as medidas necesarias para solucionar a ausencia de alumado público en rúas da cidade e das parroquias, senón que hai que facerse cargo de facturas que o Goberno local gardou no caixón sen dar explicacións de iso".

Rodríguez sinala que esta circunstancia "é a que dificulta que se cumpra o acordado no plan de axuste en relación co aforro enerxético e non as esixencias fixadas pola oposición como quixo facer ver o Goberno local".

"Non só non se fixeron investimentos na rede de alumado, senón que o Goberno local tampouco foi capaz de asumir os compromisos cos subministradores de servizos, como o da luz, en tempo e forma".

Novas

Redes Sociais