Novas

Xoves, 26 de decembro de 2013

A portavoz do PP en Monforte ten previsto solicitar unha reunión co xerente da asociación para coñecer de primeira man a oferta que suscita Cortiñas

O GMPP interesarase pola proposta de Prodeme para os alumnos que abandonen o Colexio Infanta Elena

Julia Rodríguez aproveitará a reunión para presentar a moción sobre o plan de discapacidade que o PP leva ao Pleno do luns

O Grupo Municipal do PP de Monforte solicitará unha reunión co xerente de Prodeme, Julio Cortiñas, para interesarse pola proposta da asociación en relación cos alumnos que abandonen o Colexio Infanta Elena ao cumprir os 21 anos. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera que o ofrecemento de Prodeme "ha de ser tido en conta", polo que o Grupo Municipal do PP tratará de coñecelo de primeira man para poder valoralo en profundidade.

Julia Rodríguez agradece a boa disposición da asociación, polo que tratará de coñecer con máis detalle cal é a proposta tendo en conta que Prodeme leva máis de 30 anos prestando servizo a persoas con discapacidade. Os populares mostran o seu interese en coñecer o alcance total da proposta e ver se o ofrecemento que suscitan pode dar solución ás demandas dos alumnos do colexio Infanta Elena.

A popular recorda que existe un acordo plenario do ano do ano 2012 aprobado por unanimidade no que o Goberno local asumiu o compromiso de recalificar os terreos, unha xestión que segue pendente. O Grupo Municipal do PP de Monforte presentará unha pregunta ao Pleno para coñecer o estado de devandito expediente e saber que se fixo co acordo tomado pola Corporación.

Julia Rodríguez avoga por atopar "a mellor solución posible" en aras a dar resposta á demanda que se suscita desde o centro, unha procura na que a popular considera que teñen cabida "todas as administracións, asociacións e organismos que poidan prestar a súa colaboración".

Plan de discapacidade

Os populares aproveitarán o encontro con Cortiñas para presentarlle a moción que o PP debaterá no Pleno do luns na que demandan a elaboración dun Plan de discapacidade do Concello de Monforte, contando coa participación dos colectivos afectados, co fin de avaliar as barreiras arquitectónicas e outras dificultades de accesibilidade que limiten a mobilidade das persoas con discapacidade en elementos públicos, así como as medidas para emendalas.

Novas

Redes Sociais