Novas

Sábado, 28 de decembro de 2013

Transcorreron dous anos desde a finalización do prazo de execución da obra e o centro segue pechado, sen que se teña coñecemento dunha data prevista para a súa apertura a curto prazo

O PP pídelle explicacións ao Goberno local pola demora na reapertura do Centro Social da terceira idade do Malecón

Julia Rodríguez sostén que existe un importante número de potenciais usuarios deste centro que se ven privados do seu uso

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha pregunta ao Pleno do próximo luns na que se interesan polas causas que determinan a demora na reapertura do Centro Social da terceira idade do Paseo do Malecón, por qué non se executou dentro do prazo establecido, qué medidas se adoptaron ou se van a adoptar respecto diso, e cal é a data previsible de reapertura ao público.

O Grupo Municipal do PP de Monforte recorda que o centro leva máis de dous anos pechado, como consecuencia dunhas obras de reforma que superan " con moito" o prazo establecido para a súa execución. Concretamente, o 25 de marzo de 2011 publicouse o anunciou de licitación do contrato de obra de reforma, de distribución de instalacións, acabados e supresión de barreiras arquitectónicas no interior do centro, a tramitar polo procedemento negociado con publicidade, cun presuposto base de licitación de 349.962,50 euros, IVE incluído.

O contrato foi adxudicado o 22 de xullo de 2011, por un importe total de 334.809,13 euros, cun prazo de execución de 5 meses. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que desde a finalización do prazo de execución da obra transcorreron dous anos "e o centro segue pechado, sen que se teña coñecemento dunha data prevista para a súa apertura a curto prazo".

Elevado número de potenciais usuarios

Os populares consideran que a demora na posta en funcionamento deste centro toma maior relevancia tendo en conta que a poboación da nosa cidade está nunha gran porcentaxe nesa franxa coñecida como "terceira idade", polo que existe un importante número de potenciais usuarios deste centro que se ven privados da posibilidade de facer uso do mesmo, debido a demora que sofre a súa reapertura.

Novas

Redes Sociais