Novas

Luns, 30 de decembro de 2013

O surtidor de auga presenta actualmente un estado "penoso, de total abandono e desinterese", un aspecto que contrasta co elevado custo que no seu día supuxo a súa execución

O PP demanda ao Concello que repare e acondicione a fonte cibernética para evitar perigos para os viandantes

Julia Rodríguez advirte ademais da existencia de cristais no interior da fonte da Compañía

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou un rogo ao Pleno de hoxe no que demanda ao Concello que leve a cabo as actuacións oportunas a fin de reparar a rexa metálica da coñecida como "fonte cibernética" para evitar que comporte perigo para os viandantes que transiten por ese lugar. Os populares piden ademais que se limpe e acondicione o interior doutra fonte, a situada no Parque da Compañía, para mantela en condicións hixiénicas e de seguridade.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que a fonte cibernética presenta actualmente un estado "penoso, de total abandono e desinterese", un aspecto que contrasta co elevado custo que no seu día supuxo a súa execución.

Ademais de rexeitar o estado no que se atopa a fonte, os populares critican os desperfectos da rexa metálica, desprendida e elevada nos seus extremos "co evidente perigo que representa para os nenos e persoas maiores que de forma frecuente transitan polo lugar".

Os populares denuncian tamén a existencia no interior da fonte de pedra da Compañía de numerosos cristais rotos e ata vasos de cristal "que inciden na imaxe de abandono e desinterese que non debese existir nun lugar céntrico e con afluencia de xente, como é a Rúa da Compañía na que se atopa o surtidor de auga".

Novas

Redes Sociais