Novas

Luns, 13 de xaneiro de 2014

O Grupo Municipal Popular interésase ademais polas empresas que van fabricar e instalar a infraestrutura e pídelle ao alcalde que sexan firmas monfortinas as que participen na execución do proxecto

O PP pregunta ao Concello se dispón de licenza para a instalación dunha estrutura metálica de 40 metros no Parque dos Condes

Julia Rodríguez demandará información sobre as características do proxecto e sobre as empresas que o van a realizar

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentará unha pregunta no próximo Pleno na que pide que o Concello aclare si dispón da preceptiva licenza de Patrimonio para instalar unha estrutura metálica de 40 metros nas inmediacións do muro existente no Parque dos Condes, na contorna monumental do Colexio dos Escolapios.

O PP esperará a coñecer as características precisas do proxecto para facer unha valoración, aínda que namentres interesarase polas empresas que foran invitadas a participar e por saber se o alcalde tivo en conta a firmas de Monforte. A portavoz popular pídelle ao alcalde que invite ás empresas monfortinas que estean perfectamente cualificadas para asumir a fabricación e colocación da estrutura.

O Grupo Municipal do PP recorda a súa proposta para que na contratación por medio de procedemento negociado se teñan presentes ás empresas de Monforte, priorizando a súa contratación na medida en que a súa capacitación e a oferta sexan similares a outras foráneas e recorda que existe un acordo plenario que así o referenda. Julia Rodríguez expón que o PP "non atopa razón algunha para que se contrate empresas foráneas cando existen firmas locais capacitadas para acometer a actuación, sempre que as súas ofertas estean no marco de contratación establecido".

Antecedentes sobre a falta de licenzas

Os populares preguntarán pola licenza de Patrimonio da Consellería de Cultura por existir antecedentes da colocación de determinadas estruturas nas proximidades do Colexio de Nosa Señora da Antiga sen os preceptivos permisos ou logo da construción dun muro na contorna do río sen licenza da Confederación Hidrográfica.

Por todo iso, o PP solicitou xa o proxecto desta instalación e solicitará copia da licenza de Patrimonio ao entender que a súa ubicación nunha zona verde como o Parque dos Condes e a súa proximidade a unha zona monumental como a do Colexio da Compañía "precisa dunha análise rigorosa da estrutura que se prevé colocar para evitar efectos prexudiciais nunha contorna tan digna de protección".

Novas

Redes Sociais