Novas

Martes, 14 de xaneiro de 2014

O Grupo Municipal do PP rexeita os argumentos esgrimidos polo Goberno local e advirte que vixiará a contratación se o alcalde decide manter a praza con recursos municipais

O PP critica que o alcalde deixe que se perda a axuda da Xunta para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local

Julia Rodríguez pídelle ao rexedor que explique "a súa preocupación real" polos desempregados de Monforte "cando non é capaz nin de tramitar unha subvención que o Goberno galego xa concedeu en 2013"

O Grupo Municipal do PP de Monforte critica que o alcalde deixe que se perda a axuda da Xunta para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), tal e como adiantaron os populares e como onte mesmo confirmou o rexedor a través dos medios de comunicación.

O PP pídelle ao Goberno local que aclare se vai facer unha nova contratación contravindo a normativa estatal e logo de perder a subvención. Os populares avisan ao alcalde de que se decide manter a praza "vixiaremos cómo o fai e cómo se leva a cabo a contratación na que todos os desempregados deberían poder participar.

O PP rexeita os argumentos esgrimidos polo rexedor local en relación cun erro informático, cando tiveron un mes para presentar a solicitude. Os populares aseguran que é o Goberno local o que ten que asumir o erro e as consecuencias que del se derivan e que impedirán que a cidade conte cun axente para a promoción do emprego nun dos municipios máis castigados polo paro.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que no PP "non entendemos que se perda a axuda cando o ano pasado tramitouse e que acto seguido o Goberno local diga que buscará a forma de manter a unha persoa dedicada ao fomento do emprego", tal e como recolle a prensa de hoxe. Os populares preguntarán ao Goberno local as súas intencións sobre o mantemento desa praza, así como se abrirá un novo proceso de contratación con publicidade e garantías para todos os desempregados monfortinos, ou se manterá á mesma persoa que ocupa actualmente o posto.

Falta de preocupación polos desempregados

Rodríguez pídelle ao rexedor que aclare cal é realmente a súa preocupación polos desempregados de Monforte "cando non é capaz nin de tramitar unha subvención que a Xunta xa concedeu no ano 2013 á cidade". A popular invítao ademais a aclarar si vai utilizar este "erro gravísimo de xestión" para converter ao Concello de Monforte nunha axencia de colocación de amigos do BNG.

Novas

Redes Sociais