Novas

Sábado, 18 de xaneiro de 2014

O Grupo Municipal do PP reclama o cumprimento do acordo plenario que obriga a invitar e contratar a profesionais monfortinos nos contratos menores ou procedementos negociados

O PP denuncia que o Goberno local abusa da contratación de empresas de fóra de Monforte

Julia Rodríguez advirte da existencia de irregularidades como as que pon Intervención a moitas destas firmas

O Grupo Municipal do PP de Monforte denuncia que o Goberno local abusa de xeito reiterado da contratación de empresas de fóra de Monforte. Por iso, presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que demandan o cumprimento do acordo do 28 de xaneiro de 2013 segundo o cal os procedementos de contratación tramitados como contratos menores ou procedemento negociado e en todos aqueles que exista a posibilidade se lle dea a participación a empresas ou profesionais monfortinos, sen prexuízo da garantía dos principios de igualdade, libre concorrencia e mellor oferta para os intereses xerais que deben rexer a contratación administrativa.

"Reclamamos que se invite e se procure contratar a empresas e profesionais monfortinos", resume a portavoz popular Julia Rodríguez.

Entre os exemplos que cita o PP atópase o proxecto de reforma da praza de abastos, elaborado pola empresa de Ames Estudo Nómada S.L., o proxecto de decoración a cargo do estudo B T de Allariz, así como o proxecto posterior de reforma interior, ao que lle seguen "infinidade de exemplos máis".

Os populares critican esta práctica do Goberno local do BNG na que obvian que existen empresas e profesionais de Monforte perfectamente capacitados para a realización de determinadas obras e servizos e se invita e contrata a firmas foráneas. Deste xeito, engade o PP, os recursos públicos do Concello, que poderían servir para estimular a actividade empresarial e profesional da cidade, van parar a compañías doutras localidades.

Julia Rodríguez sinala a praza de abastos como un caso no que esta práctica se converteu en habitual, "antes do acordo plenario adoptado por unanimidade e tamén despois".

-persiana de entrada dos mercados: 3.360 euros adquirida á empresa de carpintería metálica Gómez Viso S.A., con sede en Coles (Ourense) (XG 13.12.12)
-proxecto de decoración da praza de abastos: 16.756 euros, elaborado por Álvaro Touza Pol, de B T Arquitectos, con sede en Allariz. (Res. Alc. 9.7.12)
-proxecto de reforma no interior da praza de abastos e actuación exterior (xuño 2013): 2.900 euros. Álvaro Touza Pol. Allariz.
-redacción do proxecto básico de execución das obras de reforma da praza de abastos: 29.028 euros elaborado por Estudo Nómada S.L. con sede en Milladoiro (Ames).(XG 20.7.2010)
-memoria de actuacións para o reacomodo dos praceiros durante a execución da obra da praza de abastos: 4.780 euros, elaborada por Estudo Nómada S.L. con sede en Milladoiro (Ames). (Fra. 2011/13)
-xardineiras de madeira para instalar na praza de abastos: 1.393'92 euros, adquiridas a Arborejardín S.L. con sede en Lugo. (XG 28.12.2012)
-fornezo de plantas para xardineiras da praza de abastos: 296'93 euros Arborejardín S.L. con sede en Lugo. (XG 28.12.2012)
-decoración de mercados, asesoramento, técnicas de venda e posta en marcha de campañas de venda na zona dos praceiros: 2.420 euros: A tenda de Alicia con domicilio en Allariz. (XG 28.12.12)
-Mesas e rotulación postos no mercado 2.865'52 euros. A tenda de Alicia con domicilio en Allariz. (XG 28.12.12)
-memoria proxecto praza de abastos: 3.020 euros. Rural Consulting con domicilio en Allariz.
-deseño, fabricación banderolas, carteis e pancartas para mercados D.O., pan queixo e bocados outono: 6.623'54 euros. Comunicación Gráfica S.L. con domicilio en Vigo. (XG 28.12.12)
-banderolas, carteis e deseño para mercado de Nadal: 1.395'13 euros Comunicación Gráfica S.L. con domicilio en Vigo. (XG 21.2.2013)
-banderolas e carteis para mercados do pan de setembro: 411'40 euros Comunicación Gráfica S.L. con domicilio en Vigo.(Fra. 26.9.13)
-organización mercados setembro, pan empanadas e doces e enquisa: 2.541 euros Rural Consulting con domicilio en Allariz. (Fra. 3.10.2013)
-organización e coordinación de mercados do cocido e o chocolate mes de febreiro: 2.178 euros. Rural Consulting con domicilio en Allariz. (XG 14.3.13)
-organización e coordinación de mercado mes de marzo: 1.246'3 euros. Rural Consulting con domicilio en Allariz.(XG 4.4.13)
-organización e coordinación de mercado mes de abril: 1.246'3 euros. Rural Consulting con domicilio en Allariz.
-traballos de publicidade e comunicación dos mercados: pagos mensuais reiterados por importe de 847 euros: Eulalia Ortega Cerón: Valladolid.

O PP advirte que estes son só exemplos de pagos reiterados ás mesmas empresas que mensualmente se ocupan da organización dos mercados (Rural Consulting), das banderolas e cartelería (Comunicación Gráfica S.L.) e da comunicación (Eulalia Ortega Ceron). A maiores, tamén a limpeza da praza se lle adxudica a unha empresa de fóra de Monforte.

-10.1.2013: adxudicado o contrato para a realización do servizo de limpeza da praza de abastos á entidade Pedra Salgada Servizos S.L. con domicilio en Santiago de Compostela por importe de 9.801 euros/ano e duración dun ano.

Tamén a mellora interior da praza foi adxudicada por contrato menor por importe de 6.776 euros á empresa Carpenta de Cociñas S.L. con domicilio en Barbadás, Ourense. (XG 22.11.2013).

Julia Rodríguez explica que o caso da praza de abastos "é moi gráfico" porque a penas hai un profesional que teña un papel no proxecto. "Nin as plantas que se colocan se compran en empresas de Monforte", replica.

Os populares consideran que "sobran os exemplos" doutros servizos municipais asumidos, en moitos casos de forma irregular, por empresas foráneas como Ainet Consulting, Rural Consulting, Eventic Consulting, -todas elas co mesmo domicilio en Allariz-, Reverso Comunicación Cultura e Lingua S.L., de Milladoiro, Pedra Salgada de Santiago, B T Arquitectos de Allariz ou Antas-Hernández da Coruña, entre outras.

O Grupo Municipal do PP expón a existencia de irregularidades, que non só se deben a que sexan empresas foráneas, senón a que desde o punto de vista da contratación pública a facturación destas firmas está en moitos casos nunha situación incorrecta, como así testemuñan os reparos de Intervención cos que contan.

Novas

Redes Sociais