O PP denuncia que pese ás renovacións de tubaxes anunciadas por Tomé seguen a producirse cortes de abastecemento por roturas na rede
marzo 12, 2025por Comunicacion_Provincial
Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte denuncian que “seguen a producirse cortes no subministro de auga” no municipio “a pesar dos numerosos anuncios de Tomé cos que aseguraba se solucionarían os problemas”.
A voceira popular, Katy Varela, explica que hai uns días que se realizaron as probas necesarias para comprobar a correcta substitución da tubaxe xeral de fundición pola antiga de cemento anterior, paso previo a dar por finalizadas as obras desta substitución.
“Pese a esta renovación, que é importante, seguimos a ter coñecemento de que os veciños da zona Morín e A Estación seguen sufrindo cortes de auga que nada teñen que ver coas obras”, sinalou, ao que engadiu que “onte mesmo houbo cortes de auga e tras chamar á empresa, confirmábase que se trataba dunha nova rotura na rede”.
“Queda claro que esta obra é so maquillaxe ante a opinión pública e que os problemas das roturas seguen existindo”, sinalou.