Katherinie Varela en la calle Cardenal junto a las terrazas (07/2022).

A portavoz do grupo popular, Katy Varela, denuncia o abandono do goberno local cos veciños e o sector empresarial

O PP de Monforte insta ao goberno local a tomar medidas na regulación das terrazas nos espazos públicos

  • Recentemente, desde a agrupación popular levouse unha iniciativa ao pleno no que se solicitaba esta regulación para a hostelería
  • Os hosteleiros da localidade non saben se poderán ampliar o número de mesas a falta dunha semana para que comecen as festas patronais

Monforte, 29 de xullo de 2022. O Partido Popular de Monforte reclama ao goberno local a toma de decisións para a regulación inmediata das terrazas nos espazos públicos da localidade. A falta de poucos días para que comecen as festas patronais agrávase o problema dos hosteleiros que descoñecen cómo e cando poderán ampliar as súas terrazas e o número de mesas, sobre todo para aqueles negocios que se atopan nas zonas nas que o tráfico se corta durante a celebración das patronais.

A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, non se explica que aínda non se resolvera esta situación: “Agosto es el mes fuerte de la ciudad, se incrementa la población sobre todo en las fechas que dura las fiestas patronales.”

Por outra banda, a portavoz explica os motivos da urxencia nesta regulación: “En esta época la hostelería llegaba a duplicar el espacio de sus terrazas y a generar unas ganancias que les permitía sobrevivir en el duro invierno monfortino”. Por estas razóns, desde o grupo popular creen que o concello debe permitir traballar o máximo posible aos negocios.

Para o grupo municipal popular a falta de previsión e empatía cos veciños é absoluta. “Es una torpeza por parte del Ayuntamiento, pues genera impuestos con este tipo de actividades y en esta época cuanto más trabajen en la hostelería mejor para todos” aclara Katy Varela.

Incompetencia do Concello

Outro dos aspectos que subliña a portavoz popular é a mala xestión e a incompetencia do goberno local: “Tomé piensa poco en el sector productivo de la ciudad a pesar de su dilatada experiencia como político. Parece que no sabe como funciona realmente la economía local y lo importante que es para Monforte atender las necesidades del sector empresarial en estas fechas”.