A Xunta mellora a seguridade viaria e a mobilidade peonil en Monforte de Lemos, por iso se inician as obras de mellora na estrada LU-617, na contorna do cemiterio de #Monforte, nas que a Xunta de Galicia investirá 40.000€ para implantar unha senda de 200 metros moi reclamada pola veciñanza por tratarse dunha zona moi transitada
A candidata a alcaldía, Katy Varela, xunto con alguns dos seus compañeiros, acompañaron o Delegado da Xunta en Lugo a visitar a zona onde se levarán a cabo as obras.
Para os populares o arranxo desta estrada na entrada de Monforte será primordial de acadar a alcaldía, facilitando mais accesos peonis e maior seguridad viaria.