Candidatura presentada para as eleccións do 28/07/2023

Monforte, 14 de abril de 2023.

A candidatura encabezada por Katy Varela ás eleccións locais en Monforte combina xuventude e experiencia con compromiso e capacidade de traballo a favor do municipio

  • O número dous é José Luis Rodríguez, coñecido empresario monfortino do sector agrícola.
  • No número 3 da candidatura figura María Luisa Vázquez, xefa da área de sistemas do Hospital de Monforte
  • A candidata á alcaldía conformou un equipo “para gañar as eleccións e formar un goberno responsable, eficaz e comprometido con Monforte”.

O Partido Popular de Monforte de Lemos presentou na tarde de hoxe, na súa sede na cidade do cabe, aos integrantes da súa candidatura para as próximas eleccións locais, encabezada por Katherinie Varela. A este acto asistiron representantes da dirección provincial do partido, entre eles, o vicepresidente, Francisco Conde, e o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro. Dende a directiva provincial destacouse a combinación de experiencia e xuventude, así como a capacidade de traballo e o compromiso dos integrantes da candidatura.

A cabeza de lista, Katy Varela, destaca que o PP concorre a estes comicios cun equipo formado por persoas comprometidas con Monforte de Lemos, cheas de ilusión por mellorar as perspectivas de futuro da cidade, do municipio. Representan a diferentes sectores da sociedade e nela concorren persoas afiliadas ao partido desde hai décadas, outras que se incorporaron nas pasadas eleccións e novas caras que se sumaron a este proxecto cun alto grao de traballo e compromiso. Segue a Katy Varela, como número dous, José Luis Rodríguez, un empresario monfortino do sector agrícola coñecido pola súa capacidade de traballo e responsabilidade.

Varela sinala: “Eu mesma fun un número 2 e dadas as circunstancias que se deron tiven que poñerme na cabeza da lista, polo que sei a gran responsabilidade e dedicación que implica ser o segundo; José Luis sábeo e asúmeo con gran ilusión e compromiso. A seguinte na lista, María Luisa Vázquez, actualmente xefa da área de sistemas do Hospital Público de Monforte de Lemos, é gran coñecedora do sistema sanitario e con alta implicación en distintas agrupacións da cidade, destacando o seu labor como presidenta do Club fluvial de Monforte de Lemos”. Polo seu lado, Víctor Manuel Rodríguez López é o único dos catro concelleiros que ten o Partido Popular que repite xunto á cabeza de lista. Katy Varela destaca del “a súa lealdade e compromiso coa cidade, co partido e comigo; Víctor foi fundamental nestes catro anos e agradezo a súa implicación a pesar das súas diversas ocupacións”.

En quinto lugar figura o xefe de área de Medio Rural da comarca, Emilio Iván Vázquez, que xa foi concelleiro no anterior mandato a este que termina e xa acompañou a Katy Varela nas pasadas eleccións municipais.
Varela conformou un equipo de persoas con alta capacidade de facer unha xestión eficaz, eficiente e efectiva. Con capacidade de liderar proxectos, formar equipos, tomar decisións, e con coñecemento da situación local e involucradas na súa mellora.

Ademais dos cinco primeiros postos, figura tamén entre outros, José Manuel Rodríguez Gómez, xubilado de Otis e que mostrou un gran compromiso co proxecto de Katy Varela estes últimos 4 anos; María Luz Vázquez, cunha ampla traxectoria como empresaria de telecomunicacións, e María Carmen Pérez Álvarez, que ocupou durante o goberno de Nazario Pin a importante concellería para o PP de Servizos Sociais, Muller e Familia.

É fundamental para o Partido Popular de Monforte tamén o coñecemento da situación sanitaria da cidade, motivo polo cal, ademais de María Luisa, inclúese na lista a José Vicente, xefe do departamento de farmacia do hospital comarcal, que ademais é licenciado en Ciencias Políticas e posúe un gran coñecemento do ámbito.

 No décimo posto figura María Jesús Casado Barrio, catedrática de Matemáticas no Instituto Daviña Rey e que forma parte do Comité Educativo asesor da Consellería no Covid-19, tamén no ámbito dixital a centros educativos.

No ámbito deportivo incorpórase Juliana Ribeiro Escobar, ex deportista de elite de voleibol, e actualmente adestradora do equipo de Voleibol Korbis. Continúan, do mesmo xeito que hai 4 anos, apoiando o proxecto de Katy Varela: María José Losada Touriño, José Rodríguez Liñares e Rodrigo Cucheiro LImieres, este último é enxeñeiro de Camiños e ten experiencia profesional en obra pública. Finalmente incorpóranse á lista Manuel Pedro Pérez López, informático xubilado da Garda Civil, e Elen Carneiro, docente de Educación Infantil. Pecha a lista Lorena López López, vicepresidenta da asociación Ruliños, que xa acompañou a Katy Varela nas pasadas eleccións e leva asesorando á mesma en temas importantes de política social.

A candidata popular á alcaldía sinala: “Quero que os monfortinos saiban que tanto estas persoas que conforman a lista como outras que forman parte do partido e traballan sen estar na lista, tomámonos moi en serio o futuro da cidade e sabemos que aínda quedan moitas cousas por facer e mellorar, motivo polo cal nos presentamos ás eleccións para gañar e formar un equipo de goberno responsable, eficaz e comprometido por Monforte”.

A LISTA

1. Katherinie Varela Fernández,  avogada.

2. José Luís Rodríguez Varela,  empresario do sector rural.

3. María Luisa Vázquez López, xefa de sección de servizos de sistemas e tecnoloxías do Hospital Público de Monforte.

4. Víctor Manuel Rodríguez López, veterinario.

5. Emilio Iván Vázquez Rodríguez, xefe da área de servizos agrarios da Xunta

6. José Manuel Rodríguez Gómez, técnico de mantemento de empresa de ascensores.

7. María Luz Vázquez Rodríguez, empresaria de servizos telemáticos e de comunicación.

8. José Vicente Aparici Bolufer, xefe da Farmacia do Hospital Público de Monforte de Lemos.

9. María del Carmen Pérez Álvarez, profesora e ex concelleira de servizos sociais.

10. María Jesús Casado Barrio, catedrática de Matemáticas.

11. Juliana Ribeiro Escobar, deportista (voleibol) e gandeira.

12. María José Losada Touriño, xefe de Recepción de Balneario.

13. Rodrigo Coucheiro Limeres, empresario e enxeñeiro de Camiños.

14. Manuel Pedro Pérez López, xubilado das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

15. José Rodríguez Liñares, xubilado da empresa de servizos de auga.

16. María Ellen Carnero Gómez, profesora de educación infantil.

17. Lorena López López, empregada de Administración de loterías.

Descarga esta nota de prensa