Acto con empresarias da Conselleira de Emprego e Igualdade.

Os populares afean ao alcalde, José Tomé (PSOE), que renuncie a acollerse as axudas autonómicas para ampliar as prazas de gardería e para constituír o servizo de atención temperá.

O PP de Monforte defende a aplicación dun plan de conciliación familiar e lamenta que Tomé renuncie a pedir as axudas que ofrece a Xunta para posibilitala.

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e  outras representantes deste departamento autonómico participaron nun café-coloquio en Monforte dedicado ao emprego feminino e a conciliación da vida familiar e laboral.
  • A portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela, di que para o PP  “é imprescindible que os concellos utilicen todas as ferramentas que teñen ao seu alcance para que as cidades sexan atractivas para a xente moza e para as familias, algo que este alcalde non fai”.
  • Varela está convencida de que “a Tomé non lle Interesa que a xente nova quede en Monforte, e así imos xa case por debaixo dos 18.000 habitantes”.

Monforte, 26 de abril de 2023

O Partido Popular de Monforte celebrou o pasado martes un café coloquio dedicado ao emprego feminino e á conciliación laboral, no que participou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. Interviron autónomos e representantes de xestorías. A este acto asistiron a secretaria xeral de Igualdade, a chantadina Susana López Abella, e Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.  Despois da exposición efectuada pola conselleira en relación coa situación actual nas materias indicadas, os invitados puideron expoñer os seus puntos de vista.

Unha das cuestións abordadas neste café-coloquio foi o da conciliación familiar, especialmente difícil no caso dos emprendedores.  As representantes da Xunta explicaron que existe unha liña de axudas da consellería dirixida aos concellos para apoiar a conciliación con medidas como coidadores e espazos de conciliación.

Na mesma reunión, púxose de relevo que o Concello de Monforte non solicitou as axudas autonómicas de apoio á conciliación. A portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela, sinalou: “Este é un tema clave tamén para nós, para os populares de Monforte, que xa incluímos no noso programa, que presentaremos nos vindeiros días, un plan de conciliación familiar, que aplicaremos no caso de chegar á alcaldía”. Engade: “É imprescindible que os concellos utilicen todas as ferramentas que teñen ao seu alcance para que as cidades sexan atractivas para a xente moza e para as familias, algo que este alcalde non fai”.

Os populares lamentan que o alcalde non solicite “as axudas para ampliar as prazas de gardería, nin as que hai para constituír a atención temperá e tampouco as dirixidas a crear ferramentas de conciliación”. Varela ten claro “que a Tomé non lle Interesa que a xente nova quede en Monforte e así imos xa case por debaixo dos 18.000 habitantes”.