A conselleira Ánxeles Vázquez apoia as propostas da candidata do PP en Monforte, Katy Varela, para a rehabilitación de edificios

  • Katy Varela destaca que a rehabilitación do parque inmobiliario do casco histórico de Monforte non é só unha cuestión urbanística e de imaxe, senón un paso necesario para mellorar a oferta inmobiliaria para mozos e mozas e que queden a vivir na cidade
  • A conselleira Vázquez recorreu parte do casco histórico de Monforte e comprobou as necesidades de rehabilitación inmobiliaria, nun paseo cos membros da candidatura popular

Lugo, 13 de maio de 2023. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, arroupou na xornada de hoxe a varios candidatos populares na provincia de Lugo. Pola tarde, estivo en Monforte e participou nun mitin no Páramo. Nas súas intervencións explicou distintos aspectos da xestión do seu departamento de interese para os concellos nos que estivo hoxe.

En Monforte, a conselleira, acompañada pola candidata popular á alcaldía, Katy Varela, e distintos membros da lista electoral, recorreu varias rúas dos casco histórico e explicou as liñas que ten abertas o seu departamento para impulsar a rehabilitación de edificios en Galicia.

A candidata popular á alcaldía, Katy Varela, sinalou: “No paseo que demos coa conselleira comprobamos a gran cantidade de edificios en mal estado que hai no casco histórico da cidade, no corazón da cidade. Se chegamos á alcaldía, comprometémonos a que as axudas para rehabilitación que se firman coa Xunta de Galicia realmente cheguen aos cidadáns, e por outro lado, intentaremos que Monforte acceda ao Plan Rexurbe, como xa teñen outras cidades da provincia. É a maneira de impulsar a rehabilitación de edificios en puntos estratéxicos como é o casco histórico. Así, tamén sería posible aumentar a oferta de pisos en aluguer. En todo caso, a rehabilitación é esencial para mellorar a imaxe da cidade, nunha zona tan sensible como é o casco histór

Lugo, 13 de maio de 2023.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, arroupou na xornada de hoxe a varios candidatos populares na provincia de Lugo. Pola tarde, estivo en Monforte e participou nun mitin no Páramo. Nas súas intervencións explicou distintos aspectos da xestión do seu departamento de interese para os concellos nos que estivo hoxe.

En Monforte, a conselleira, acompañada pola candidata popular á alcaldía, Katy Varela, e distintos membros da lista electoral, recorreu varias rúas dos casco histórico e explicou as liñas que ten abertas o seu departamento para impulsar a rehabilitación de edificios en Galicia.

A candidata popular á alcaldía, Katy Varela, sinalou: “No paseo que demos coa conselleira comprobamos a gran cantidade de edificios en mal estado que hai no casco histórico da cidade, no corazón da cidade. Se chegamos á alcaldía, comprometémonos a que as axudas para rehabilitación que se firman coa Xunta de Galicia realmente cheguen aos cidadáns, e por outro lado, intentaremos que Monforte acceda ao Plan Rexurbe, como xa teñen outras cidades da provincia. É a maneira de impulsar a rehabilitación de edificios en puntos estratéxicos como é o casco histórico. Así, tamén sería posible aumentar a oferta de pisos en aluguer. En todo caso, a rehabilitación é esencial para mellorar a imaxe da cidade, nunha zona tan sensible como é o casco histórico, e para fixar poboación, porque para iso é esencial que os mozos e as mozas teñan unha oferta inmobiliaria atractiva”.

ico, e para fixar poboación, porque para iso é esencial que os mozos e as mozas teñan unha oferta inmobiliaria atractiva”.