Foto del presidente de la Xunta Alfonso Rueda con la candidata a la alcaldía Katherinie Varela y su equipo.

Alfonso Rueda subliña que Monforte ten moitísimo que dicir e moitísimo que liderar: «Con Katy Varela imos aproveitar esta oportunidade»

Maio 16, 2023

A candidata destacou o apoio ao sector empresarial como un punto fundamental no seu programa

Monforte de Lemos, 16 de maio de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou hoxe nun xantar con empresarios e representantes do tecido económico de Monforte de Lemos organizado polo PP local xunto á candidata á alcaldía, Katy Varela; á que lle agradeceu o “traballazo” feito ao longo deste tempo.

Nunha charla cos presentes, o líder dos populares galegos puxo en valor que o proxecto da candidata da súa formación nesta vila na medida en que ofrece renovación e proxectos ambiciosos para favorecer a transformación económica, industrial e social de Monforte.

Uns proxectos que se suman aos investimentos xa materializados por parte do Goberno galego no Hospital Comarcal e na mellora das instalacións culturais e educativas. Así como na activación en Monforte do primeiro Polo de emprendemento da provincia de Lugo o pasado novembro para facilitar a atracción de empresas e de traballadores, e que a día de hoxe xa asesora preto de 30 proxectos empresariais.

En clave electoral, Rueda asegurou que o 28 de maio será o momento de expresar nas urnas o cansazo e as ganas de cambio que ten a xente de Monforte e de moitos outros concellos galegos. “Monforte ten moitísimo que dicir e moitísimo que liderar e, co PP e con Katy Varela, imos aproveitar esta oportunidade”.

RECLAMAMOS A MELLORA DA XESTIÓN DOS FONDOS EUROPEOS”

Aproveitando a presenza do vicepresidente provincial do PP de Lugo, Francisco Conde, o líder dos populares galegos aproveitou para reclamar ao Executivo central a mellora da xestión dos fondos europeos e que garanta que eses cartos, fundamentais para proxectos punteiros en Galicia, chegue “dunha vez por todas” e non siga embalsado nos caixóns do Goberno de Sánchez.

Pola súa banda, Katy Varela destacou o apoio ao sector empresarial como un punto fundamental no seu programa: “Sen empresarios e sen emprendedores que arriscan para que sacar adiante un proxecto non habería riqueza nin tanta creación de emprego”

Neste sentido, a alcaldable propuxo a unión de diferentes sectores para ter un tecido empresarial forte que permita relanzar a cidade economicamente e o asentamento da poboación. Dous obxectivos que marcou como “prioritarios” no seu proxecto.