Éxito do mitin de peche de campaña de Katy Varela en Monforte con apoio de Francisco Conde, Jaime de Olano e outras autoridades
Cun aforo completo o PP de Monforte pecha a campaña electoral para as municipais do domingo. A súa presidenta e candidata á alcaldía, Katy Varela subliñou que “concluímos unha campaña, co mellor equipo e o mellor programa para traballar para Monforte e que o noso concello teña un rexurdimento real en materia de emprego e de servizos básicos como a auga -o principal problema que ten hoxe a cidade-, ou os servizos sociais, a cultura e o deporte”.
A valoración de todos os que fixeron posible esta candidatura é moi positiva, tiveron boa resposta da cidadanía e foron respaldados polos representantes do PP Galego, tamén polos afiliados e simpatizantes.
O acto inizouse cunha presentación a cargo do número dous da candidatura, José Luis Rodríguez, que destacou as excelentes cualidades humanas da número un. Así mesmo, agradeceu a todos os alí presentes a súa asistencia, aos que colaboraron na campaña, e a Francisco Conde e Jaime de Olano pola súa implicación no acto con discursos de apoio.
Máis información sobre este e outros actos na web do PP provincial: https://www.ppdelugo.es/2023/05/26/francisco-conde-pecha-a-campana-arroupando-aos-candidatos-do-savinao-panton-monforte-e-carballedo/