Francisco Conde en el mitin de cierre de campaña con aforo completo.

Onda Cero Monforte faise eco na súa conta de twitter do mitin de peche de campaña do PP de Monforte con cheo total de aforo

Onte celebrouse en Monforte o mitin de peche de campaña do PP de Monforte, ao que asistiron, ademais de numerosos afiliados e simpatizantes, o vicepresidente da Xunta, Francisco Conde e o deputado nacional no Congreso Jaime de Olano. Entre aplausos, cun aforo completo, a candidata á alcaldía Katy Varela explicou as liñas principais do seu programa e agradeceu a todos a asistencia, en especial ás autoridades e ao seu equipo na candidatura. A emisora monfortina Onda Cero publica na súa conta de twitter imaxes do acto.