Visita de la Jefa servicio de Coordinación Cultural Ana Mel a las obras de restauración Capilla de las Reliquias

A xefa do servizo de Coordinación Cultural de Lugo visita as obras de restauración da Capela das Reliquias da Igrexa de Nosa Señora da Antiga subvencionadas pola Xunta de Galicia

Na xornada de onte os monfortinos puideron participar nunha visita guiada ás obras de restauración da Capela das Reliquias da Igrexa de Nosa Señora da Antiga que se levan a cabo pola restauradora María Dolores Lago Arce. Acompañou o percorrido a xefa de servizo de Coordinación Cultural de Lugo que comprobou de primeira man o estado no que se atopa o retablo e completou a visita co novo alumeado, o retablo do altar maior e a pinacoteca.

Tamén participaron membros do grupo do PP e da prensa local.

Os interesados en ter máis información sobre esta restauración poden consultalo no blog de María Dolores Lago Arce:

https://capeladasreliquiascolexiodocardeal.blogspot.com/

Visita da xefa servizo de Coordinación Cultural Ana Mel ás obras de restauración da Capela das Reliquias
Visita da xefa servizo de Coordinación Cultural Ana Mel ás obras de restauración da Capela das Reliquias