Orde do día: Convocatoria e Orde do Día
Moción presentada polo PP de Monforte: https://ppdemonforte.com/wp-content/uploads/2023/08/18_07_2023_15422-MOCION-PP-PARA-MELLORAR-A-TRANSPARENCIA-NO-CONCELLO-DE-MONFORTE-DE-LEMOS.pdf
Visualizar:
Resposta ao escrito presentado no concello solicitando a ampliación de prazas para escolas infantís
Na actualidade, en Monforte de Lemos hai 82 prazas gratuítas para nenos de 0 a 3 en dúas escolas infantís adheridas á gratuidade da Xunta:
- Escola infantil municipal de Monforte: 41 prazas
- Escola infantil Parruliños (privada): 41 prazas
Hai un tempo que a Xunta aposta pola gratuidade das escolas infantís, motivo polo cal Galicia se converteu na primeira Comunidade Autónoma de España na que a educación 0-3 anos é gratuíta para todas as familias, sexa cal sexa a titularidade do centro ao que leven aos seus pequenos: municipal, privado ou de iniciativa social.
Así pois, a Xunta fai un importante esforzo neste eido, destinando máis de 100 millóns de euros anuais á etapa educativa de 0 a 3 anos.
Se o goberno municipal de Monforte considera que neste municipio son necesarias máis prazas de educación infantil 0-3 anos, o concello poderá acollerse á orde de axudas da Xunta con fondos MRR para a creación dunha nova escola infantil municipal ou para a ampliación da que xa se atopa en funcionamento. Trátase dunha orde que da que xa se beneficiaron numerosos concellos e que volverá a abrirse proximamente.
Sentido do voto: ABSTENCIÓN. De consideralo necesario, poden solicitar as axudas da Xunta para a creación dunha escola infantil municipal ou ampliación da existente.
Web do Concello coa información do pleno: https://www.monfortedelemos.es/gl/plenos/2023/ordinario-xullo