Inaguración ETAP de Monforte año 2014

Tras os últimos comunicados enviados polo Señor Alcalde deste Concello, desde o PP de Monforte nos vemos obrigados a contestar aclarando certas infraccións:

En primeiro lugar, non vamos a entrar a valorar as descualificacións que dirixiu cara á portavoz do PP de Monforte, pois o mero feito de argumentar descualificando ao contrario xa o retratan a el como persoa.

Seguiremos vixiantes co estado do Río Cabe e coa situación do abastecemento e saneamento da cidade, e ningún dos seus improperios vai evitar que sigamos exercendo as nosas funcións de oposición.

O río Cabe continúa en mal estado en moitos puntos no seu transcurso polo municipio, e nos alegra que a nosa nota de prensa fixese efecto e o alcalde ao fin se preocupase disto, aínda que xa lle advertimos que seguiremos vixilantes e que un informe nun momento dado dun determinado punto non é suficiente para acreditar o estado do Río.

En segundo lugar, mostrar o noso hartazgo e cansancio ante o seu constante estratexia de culpar á Xunta de Galicia dos seus problemas de xestión como é o caso de non ter pedido as axudas públicas para aumentar as prazas de gardaría ou para a creación da unidade da atención temperá.

No último pleno, primeiro do mandato, presenciamos un patético argumentario victimista onde se pretende culpar á administración autonómica das carencias que manifesta este alcalde en xestión cando se trata doutras cousas que non sexan luces e cemento.

A Xunta de Galicia gobernada polo partido popular investiu nos últimos catro anos 35 millóns de euros na cidade do Cabe. Destacando, por exemplo, as grandes investimentos da Consellería de Cultura e Educación. Precisamente o Conselleiro estivo este venres comprobando o estado das obras de rehabilitación do Daviña Rey, onde ademais ninguén do equipo de goberno asistiu a pesar de ter sido invitados.

Ademais, contamos coa celebración da feira de artesanía ou do libro, grazas á colaboración da Xunta e agradecemos os investimentos feitas desde Turismo a festas como o Carude rock ou San Antonio, Valle de Lemos e Piñeira.

Polo tanto, calquera comentario dun edil do PP de Monforte que o alcalde pretenda utilizar para ter protagonismo está sacado de contexto.

Recordamos ao alcalde que deixe de entrar en batallas esteariles que, ademais, aos cidadáns non interesan. Ten que preocuparse por solucionar o problema da auga e dos servizos sociais en Monforte, asuntos, ademais, nos que de ter querido colaborou a Xunta de Galicia co noso Concello.

Concluímos dicindo que non nos vamos a callar por moito que el o intente e que seguiremos insistindo nas necesidades que ten este concello.