Patinete DGT https://revista.dgt.es/Galerias/sabia-que/normas/2021/Patinete-Equipamiento-grande.jpg

Por onde deben circular os patinetes e outros vehículos de mobilidade persoal?

Os patinetes forman parte dos vehículos de mobilidade persoal (VMP) e como tales teñen a súa propia normativa. Está en constante cambio polo que para estar ao día recoméndase consultar periódicamente a web da DGT.

Cada concello pode regular de xeito específico as normas pero estas deben axustarse ás nacionais. Nun artigo da web da DGT explica os mínimos a cumprir:

  • Está prohibido que os VMP vaian por beirarrúas, zonas peonís, pasos de travesía, autoestradas, autovías, vías interurbanas ou túneles en ámbito urbano. As vías autorizadas para circular indicaralle unha ordenanza municipal. Se non a houber, permítese a circulación por calquera calzada urbana.
  • A velocidade destes vehículos deberá estar entre 6 e 25 km/h.

No caso de Monforte a normativa vixente databa de 2016 pero foi modificada e publicada no BOP do 12 de agosto de 2021.

MODIFICACIÓN  DA ORDENANZA DE TRÁFICO (PÁX. 1, R. 2374)

https://www.dgt.es/muevete-con-seguridad/viaja-seguro/en-patinete/

Lembramos que as ordenanzas do concello están publicadas na súa web e tamén na da Deputación Provincial, no Portal de Transparencia de Monforte de Lemos.

En ambos sitios figura, a día de hoxe, a de 2016 (compre actualizar estes arquivos):

Web do Concello de Monforte, Sede Electrónica, Ordenanzas e Regulamentos: link

H) Outras ordenanzas: Tráfico e seguridade vial (OMR = Ordenanza municipal reguladora …)

Normativa OMR Tráfico e seguridade vial

Web da Deputación Provincial, Portal de Transparencia de Monforte de Lemos, Información Xurídica: link

H) Outras ordenanzas: Tráfico e seguridade vial (OMR = Ordenanza municipal reguladora …)

OMR Tráfico e seguridade vial

Os cambios vinculados aos patinetes quedan reflectidos no artigo 38, á esquerda está o de 2016 e á dereita o de 2021.

É importante coñecer por onde deben circular este tipo de vehículos, e estar atentos a posibles cambios nesta normativa.