Katherinie Varela presidenta do PP de Monforte co cartel Galicia de fondo

Axudas e subvencións, onde informarse

Neste primerio post de 2024 damos unhas pistas de onde podemos atopar a información sobre as axudas que saen e tamén as que xa están en proceso de concesión ou foron concedidas.

Hai varias páxinas web coa información, nacional, autonómica e local.

Web nacional:

O sistema nacional de publicidade de subvencións, https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/inicio que recolle todas as convocatorias nacionais, permite un filtrado de datos e a descarga en varios formatos.

Web autonómica:

A nivel autonómico a web do portal de transparencia da Xunta de Galicia, https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-economica-orzamentaria-e-estatistica/axudas-e-subvencions/convocatorias contén un listado de convocatorias galegas que enlazan coa sede electrónica onde se poden facer os trámites destas.

Web provincial:

Neste caso a Deputación de Lugo é a entidade promotora das axudas pero a súa web non conta cun enlace concreto polo que o mellor é navergar polos distintos temas ata atopar o que sexa de interese https://www.deputacionlugo.gal/

Web local:

A web do Concello de Monforte conta cun apartado adicado a axudas e subvencións, https://www.monfortedelemos.es/gl/axudas/subvencions, ademáis no apartado Sede Electrónica, existe un Taboleiro de Anuncios no que se poden consultar as novas en período de consulta/tramitación.

No mesmo apartado de axudas e subvencións accédese aos procesos selectivos e tamén ás contratacións e licitacións.