Zona peonil con cámaras de control de acceso

O PP de Monforte presentará alegacións á modificación da ordenanza de tráfico por ser necesaria maior flexibilidade horaria

Monforte, 17 de xaneiro de 2024.

Os concelleiros da Agrupación Municipal do PP de Monforte presentarán alegacións ao borrador presentado polo equipo de goberno para modificar a ordenanza de tráfico no referente á carga e descarga en zonas peonís.

A voceira popular de Monforte, Katy Varela, recorda que no pleno de decembro, tras un primeiro trámite de audiencia pública, o goberno local presentou a súa proposta de modificación da normativa. “É certo que houbo certos avances pero tamén o é que é necesario dar maior flexibilidade aos horarios”, sinala.

A limitación horaria (de 8:00 a 11:00 e de 16:00 a 18:00 horas) fai que os particulares e os profesionais quéixense “das dificultades de cinguirse a ese horario”.

Os populares tamén pedirán que se engada unha cláusula “para garantir a retroactividade da norma ata a data na que entraron en funcionamento as cámaras, de modo que decaia a validez das multas impostas polas cámaras e procédase á devolución do diñeiro”

“A realidade é que o PSOE de Monforte tamén pode aplicar unha amnistía total para todas as multas interpostas nestas zonas desde que empezaron a funcionar as cámaras poñendo o contador a cero nesta vixilancia exhaustiva ata o intre no que se aprobe a ordenanza de forma definitiva, empregando este tempo como un período informativo da nova regulación para os usuarios”, sinalan.