O PP defenderá no pleno modificar a ordenanza de tracción mecánica para dar unha bonificación do 100% aos vehículos de máis de 25 anos
xuño 17, 2024por Comunicacion_Provincial
Monforte, 17 de xuño de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal Popular defenderán no pleno deste mes unha modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica para dar unha bonificación do 100% aos vehículos cunha antigüidade mínima de 25 anos.
A voceira popular, Katy Varela, explica que se realizar esta petición para evitar o goteo de perda de veciños empadroados en Monforte xa que moitos concellos da contorna xa contan con esta bonificación “sen necesidade de que o seu vehículo teña a cualificación de histórico e sen necesidade de estar inscrito no Rexistro da Xefatura Provincial de Trafico, polo que os seus propietarios se censan a eles mesmos e os vehículos neses concellos”.
Unha reflexión que realiza a voceira popular tras ver como no último censo Monforte apenas contivo a poboación por enriba dos 18.000 habitantes “tras máis dunha década en caída constante”. “A realidade é que cada vez mais monfortinos se empadroan en localidades da contorna, precisamente por este tipo de incentivos”, indicou.
Por este motivo, os concelleiros populares ven necesaria unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, concretamente o artigo cinco relativo ás bonificacións, contemplando a bonificación do 100% para todos os vehículos de mínimo de 25 anos de antigüidade, independentemente de que estean inscritos como antigos no Rexistro da Xefatura Provincial de Trafico.