O PP teme que a praia fluvial anunciada por Tomé nas pasadas eleccións municipais quede “nunha simple promesa electoral”
Febrero 26, 2025por Comunicacion_Provincial
Monforte, 26 de febreiro de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte confirman que José Tomé renunciou a dotar ao municipio dunha praia fluvial no presente mandato e amosamos serias dúbidas de que finalmente sexa unha realidade.
A voceira popular, Katy Varela, explica que “tal e como vimos no pleno desta semana José Tomé renuncia a súa promesa de que Monforte conte cunha praia fluvial alegando unha suposta imposibilidade temporal para que sexa unha realidade antes das eleccións de 2027”.
No pleno ordinario do mes de febreiro aprobouse a aprobación inicial do plan de infraestruturas e dotacións para a creación dunha área recreativa con zona de baño de Ribasaltas e durante o seu debate José Tomé “xa comezou a poñer vendas antes da ferida alegando que os trámites administrativos son moi longos o que provocaría que se puidesen rematar antes do fin do presente mandato”.
Katy Varela afirmou que “non nos sorprende esta situación, xa que estamos máis que acostumados a ter un alcalde de titulares que logo quedan niso e non hai realidades constatables para os monfortinos”.
Neste senso, a voceira popular pregunta a Tomé “por que non iniciou antes toda a tramitación” para que Monforte puidese contar cunha praia fluvial así como que “sospeitamos que ademais pretenda culpar a Xunta da súa non realización, despois das palabras empregadas no pleno, e non lle vamos a permitir que culpe a Xunta diso. A creación dun espazo de este tipo está totalmente regulado e xa debería saber os pasos e as necesidade para facelo realidade antes de prometelo, polo que nos tememos que todo o da praia fluvial fose unha artimaña electoral e finalmente quede en nada”.